ROLDA DE PRENSA DE LUIS CÉSAR : “Estamos a tratar de corrixir todas as miserias tácticas que temos”.

 

Luis César pasou por rolda de prnesa na previa o enfrontamento de mañán sábado 26 de Outubro para analizar o estado do equipo e o encontro en Santander, (18:00 horas-16:00 GMT). O técnico arousán espera que os xogadores consigan amosar o que fan no traballo diario. Pensa que o que lles está a pasar os xogadore ten varios factores, pero pensa que a cousa funcionará : “O corpo obedece á cabeza. O equipo ten esas dúas debilidades. Vulnerabilidade futbolístico-táctica e mental, pero non nos cruzamos de brazos. Os futbolistas senten mal e aparece debilidade psicolóxica, exceso de responsabilidade. É unha cadea. Hai que ir dándolle resposta a estas situacións. Estamos a tratar de corrixir todas as miserias tácticas que temos. E a cabeza non funciona como debería, pero funcionará”.

Cré que teñen que ser menos débiles e que a vitoria chegará, e convertirse nun equipo coa mentalidade gañadora : “Os rapaces viron as cousas que fixeron mal e que son fáciles de resolver. Están convencidos. Temos que converternos nun equipo de mentalidade gañadora”.

Di que nunca atopou a un “equipo que vaia último e con aspiracións a ascender”, pero si a xogadores “lonxe da sua mellor versión”, polo que o que quer e que consigan : “Transfórmanse, agora pensan que gañar é imposible, como subir o Himalaya, pero de súpeto ganas e logo crees que é como saltar un pequeno charco. Esa sensación de confianza, de seguridade no que fas, de medo cero. Temos que lograr esa sensación e teño claro que o imos a conseguir”.

A rolda de prensa ao completo no vídeo.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

PEÑAS QUE VIAXAN A SANTANDER

 

Ademáis das que aparecen nesta relación estarán representantes da Peña de Vilalba, polo que son 42 en relidade. Cóntase con preto de 500 deportivistas no “El Sardinero”.

 

 

-Vídeo : Canal YouTube do RC Deportivo

-Lista de convocados : RC Deportivo

-Foto-Montaxe Peñas : Fedración de Peñas Deportivistas

-Foto portada : Xose Búa “Pirata”.

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.