ROLDA DE PRENSA DE LUCHO GARCÍA : “O VINDEIRO ENCONTRO É CRUCIAL”.

 

Lucho García pasou por rolda de prensa e amosouse agradecido pola oportunidade que lle deu o adestrador e que se enterou da sua titularidade o mesmo día do encontro. Tamén dixo que ainda que lle rompesen o naríz de novo que : “Xoguei co nariz roto. Foi un risco que tomei. Falei co míster o día antes e díxenlle que, independentemente do plan que tivese, que quería ir convocado. Preguntoume como me vía e díxenlle que ben, que se tiña que quitarme a máscara, o que fose. Convencino, o doutor axudoume e saíu todo ben. Un sempre ten ese temor de se che dan, pero elixín ser valente. Que se xa a teño rota, que ma rompan outra vez, porque sería polo equipo. É unha fracturita que non me afecta moito nin me impide respirar ben”.

Sobre o rival do vindeiro sábado ás 19:00 horas, (18:00 GMT), na Malata ante o Ferrol dixo que :  “A vitoria desta fin de semana é crucial. Penso que é o partido máis importante que temos este ano. É unha final porque nos afianzaría en que estamos a facer un bo traballo. O míster vén facéndoo ben e merécese unha vitoria máis, conseguir a segunda consecutiva. Axudaríanos moitísimo”.

-Preme no enlace para ver o que dixo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia