ROLDA DE PRENSA DE LUCHO GARCÍA AS PORTAS DO ENCONTRO DE COPA.

 

 

Lucho García fixo un gran encontro na anterior eliminatoria de Copa ante o EL Ejido 2012. Sen xénero de dúbida foi o mellor, o responsable de que o Día de Reis xoguen unha nova cita, desta volta ante o CD Alavés, (él e o colexido do anterior encontro).

Lucho falou sobre a necesidade de dalo todo e : “É moi importante, para min e tamén para moitos compañeiros con menos minutos. É unha oportunidade para demostrar que estás a traballar ben e afróntase con ilusión. É bo, sobre todo para o vestiario. Se logramos unha vitoria, animicamente pódenos vir superbien en Liga para ir con máis confianza. Estas competicións pódennos axudar tamén para a afección”.

Tamén comentou sobre a pregunda de por primeira vez non ser os favoritos, o equipo a batir : “Está claro que será o primeiro partido onde non o sexamos. Hai que tomalo con tranquilidade, un partido máis. É un gran equipo e hai que saír con todo. Saír a gañar e facer o noso traballo”.

-Preme no vídeo para oir todo o que dixo.

Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo