ROLDA DE PRENSA DE LUCAS PÉREZ : “TEMOS QUE COLLER BOAS SENSACIÓNS FORA DA CASA E SER MÁIS FIABLES”

 

Lucas Pérez pasou por rolda de prensa e falou do seu estado, do de Quiles, do próximo encontro fora da casa, para “coller boas sensacións e ser máis fiables”, porque como admiteu é, “o noso Talón de Aquiles durante toda a tempada”, e sobre todo para coller “boas sensacións de cara os Play-Off.

O clube xa anunciou que para os Play-Off os socios entrarán de balde co seu carnet. O ano pasado levaba o tema das entradas a RFEF e houbo que pasar por caixa, cos imnumerables problemas que esto trouxo a hora de coller as entradas, que foran vía online, e houbo socios que non puideron estar por colapsarse a central de venda e cando conseguiron acceder xa non quedaban entradas. Desta volta o clube só porá a venda os asentos libres.

Liberación de asentos

Os socios que non poidan ir os encontros de Play-Off terán antre o día de hoixe, xoves 25 de Maio e o luns 29 ata ás 13:00 horas a opción de liberar o seu asento para que o clube poida vender esas entradas, deste modo os que o fagan terán de desconto no carnet da vindeira tempada, do 50% do que valga a entrada do seu asento.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies