Lucas Pérez pasou por rolda de prensa e amosouse confiado con “preocupación cero” e coa “ilusión máxima”. O de Monelos destacou o bo ambente da plantilla e a implicación no proxecto, : “Ter o bloque do ano pasado é fundamental porque nos coñecemos moi ben. Os novos compañeiros vanse adaptando e hai que ser optimistas Venmos de catro anos na Primeira Federación, volvemos ao fútbol profesional, evidentemente non queriamos estar alí despois de cinco días, pero hai que manter a calma. O adestrador vai xuntando as pezas como el cre. “Vexo o vestiario moito máis tranquilo este ano que o pasado”.
Non quer poñer excusas sobre os resultados que están tendo : “Non hai escusas. O nivel do plantel do Deportivo é capaz de dar moito máis, como se viu en fases doutros partidos como o Granada e o Oviedo. Esa é a liña. Cometemos erros, tivemos algunhas dificultades, e iso é o que temos que perfeccionar”.
Tampouco ten dúbida da confianza e o apoio o adestrador : “No adestrador hai total confianza: «O adestrador xa está aguerrido en mil batallas. O apoio [a Imanol Idiakez] é total. Se o ano pasado marchamos todos de alí, co que vivimos, agora mesmo estamos moi tranquilos. Cero preocupación, máxima emoción. Levabamos catro anos nunha categoría que non nos pertencía. Agora estamos no fútbol profesional, os mozos están moi ilusionados, e os veteranos tamén están ansiosos”.
Sobre o seu retiro dixo que non vai ser deica agora, que o fará cando non o queiran os compeñiros. “Cando me xubile, que non será agora, eh!… Non te preocupes, non te preocupes, porque poderei levar con moito orgullo todos eses datos como o que apuntei en todas as competicións nas que xoguei co Deportivo É unha satisfacción para min…Se Massimo di que teño contrato indefinido, será así. Nunca haberá problema entre Lucas e Massimo, nin con Juan Carlos nin con Soriano. Dígollo moitas veces a Mella e Yeremay, o día que xa non queirades xogar nin adestrar comigo, decídemo e colgo as botas”.
Todo o que dixo na rolda de prensa telo escoitando o vídeo…
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”