“O Neno de Monelos” pasou por rolda de prensa e falou durante máis dun cuarto de hora da actualidade do equipo, do vestiario, e do que é a afección para eles.
Lucas dixo que na celebración do gol o Vigo B, ensinou o número “7” : “porque era o meu 7º gol”. todos sabemos que ese xesto pode interpretarse de moitas maneiras, sétimo gol, confirmación do 7º título, (que outros nen racha), ou o seu número. Él foi correto e deixou as suspicacias para o resto.
Falou da débeda ca afección : “A débeda coa afección é tan grande que non sei se me quedarán anos de vida a min, e a todos os xogadores que veñan ao Deportivo, para liquidala. O único que podemos facer é traballar para devolver o agarimo que nos dan, eses quilómetros, os esforzos que fan… hai que dar boa imaxe, que sentan orgullosos e brindarlles vitorias e o obxectivo que todos temos en mente…o ascenso”.
Sabedor de que ascender pasa por gañar tamén fora deu a sua conclusión : “En todos os partidos que levo aquí desde que cheguei, o Deportivo sempre saíu a mandar e a gañar. Pero xogamos contra rivais que tamén teñen as súas armas. Hai partido que vas apertar arriba e búscanche as costas para facerche dano. Cada semana traballamos e desde o primeiro día ata hoxe, fomos a por os partidos. Loxicamente, non se poden afrontar todos da mesma maneira. Fóra non se nos está dando ben, necesitamos dar un pouco máis, ese plus, pero non cambiamos a forma de xogar. Só que non é o mesmo xogar en Riazor que noutro campo”.
Tamén tocou o tema, (ante as preguntas), sobre os asubíos a cano en León : “A afección é normal que reaccione así, porque ten moita ilusión, esgota as entradas e é normal a frustración que manifestan. Só podemos pedir perdón, porque hai partidos en que non estamos á altura, pero aquí estamos todos no mesmo barco”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia