Lucas Noubi compareceu esta semana na sala de prensa do Dépor Training Center e deixou moi boas sensacións coa súa intervención. Nun castelán fluído, o defensa belga amosouse satisfeito pola confianza recibida: “Estou moi feliz por poder xogar. Levo tempo traballando para isto e agradézolle ao adestrador que me dea a oportunidade”.
O xogador, capaz de actuar tanto no lateral como no centro da defensa, evitou calquera tipo de polémica sobre a súa demarcación: “Xogarei onde o míster o precise”.
En canto á súa adaptación á cidade e ao club, o futbolista explicou que todo marcha pola boa senda: “Gústame A Coruña, estou moi cómodo aquí e todo vai ben”.
Noubi lembrou tamén o seu percorrido recente: “A pasada tempada só disputei dous encontros en Primeira División, pero tiven minutos co filial. Non perdín o ritmo competitivo e agora estou feliz de xogar ao nivel que quería”.
Comparando co fútbol do seu país, o internacional subliñou que “as diferenzas son tanto físicas como técnicas. Aquí hai moitos xogadores con calidade, e iso motívame”.
O defensor quixo destacar tamén o potencial da xeración máis nova do Deportivo: “Hai moitos rapaces con talento como Yeremay, Mario, Mella, Patiño ou Barcia. É moi positivo contar cun grupo así”.
Mirando xa ao próximo encontro ante a Cultural Leonesa, mañán sábado 8 de novembro ás 18:30 horas, (16:30 GMT), en Riazor, advertiu que “o rival vén xogando moi ben nas últimas semanas, polo que será un partido atractivo para ambos equipos”.
Antes de despedirse, Noubi tivo unhas palabras para a afección: “O apoio da afección é fundamental. Sentímolo moito dende o campo e necesitamos que sigan con nós”.
Previa da afección antes do encontro
Xa desde as 12:00 horas a Federación de peñas en colaboración con de Ol Faces, Riazor Blues e o Concello da Coruña, teñen programada unha previa a base de xantares e música na rúa Almirante Cadarzo, (na banda do mar pegado a Tribuna). Haberá postos con paella, pizza e polobo a feira e soarán desde o medio día ata antes dél e desde despois do partido ata a media noite ca música de : Sorcha, DJ Javito e La Duendeneta.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
