ROLDA DE PRENSA DE LAPEÑA : “Creo que as sensacións son bastante boas. Estamos a ver ao mesmo Dépor todas as semanas”.

 

As suas frases :

“Non me esperaba ter esta continuidade tan seguida. Cando vin, a miña intención era xogar todo o posible, claro. Estou a adestrar ben, competindo ben e creo que lle estou devolvendo a confianza ao adestrador”.

“O traballo é o mesmo todas as semanas. Cando gañamos, o mesmo que cando perdemos. Durante a mala serie penalizáronnos moito os poucos erros que tivemos. Todo o que facíamos ben non atopaba premio. Pero tampouco nos volvemos tolos. Seguimos co do primeiro día e iso vainos a vir ben nunha liga tan longa”.

“Creo que as sensacións son bastante boas. Estamos a ver ao mesmo Dépor todas as semanas. Creo que a xente se identifica co equipo. Estamos a ter un xogo bastante fluído. Os malos resultados viñeron por un pelín de mala fortuna. Hai que deixalos de lado e seguir mellorando para evitar cometer eses erros”.

“Víctor pode asentarse tanto de extremo como de lateral. Xoguei con diferentes laterais e o que me toca é adaptarme a cada xogador. Poñerlle as cousas fáciles. Non é o mesmo xogar con Víctor, Trilli ou Benito. Cada un requíreche unha cousa. Pero os tres teñen capacidade suficiente para xogar como titular”.

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo e Foto : RC Deportivo