ROLDA DE PRENSA DE KONÉ : “SOMOS O DEPOR E HAI QUE DAR OUTRA CARA”

 

Mamadou Koné falou alto e craro en rolda de premsa, moi disgustado ca imaxe que deu o equipo a pasada semana en Huesca : “Coa imaxe que demos en Huesca temos que estar un pouco preocupados. Hai que mellorar en todo, porque non fomos nós mesmos. Se facemos o que facemos adestrando imos conseguir o que queremos. Non saímos coas ganas que o partido esixía e temos que saber que somos o Dépor, hai que dar outra cara”.

Koné está a ser do mellor do equipo pero cre que ainda hai moito marxe de mellora : “Estou a atoparme cada vez mellor e espero coller pronto o meu nivel. Se é certo que cando o equipo xoga en longo, o mellor para min é ter un dianteiro máis á beira. Non podo elixir quen xoga, pero se o facemos en longo é mellor para min estar con outro punta”, dixo o dianteiro deportivista que rompeu unha lanza polos seus compañeiros de defensa, e cré que : “igual tamén os dianteiros estamos presinando mal a saida do balón”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver o vídeo en formato grande  completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

 

MÁIS NOVAS

Nolaskoain dado de alta

Peru Nolaskoain foi dado de alta no hospital oscense no que foi operado de urxencia dunha apendidite e agora cabe esperar a evolución da operación. A recuperación sóe ser rápida o levarse a cabo a operción co sistema da laparoscopia. Non se require ningunha rehabilitación específica. Só recoméndase iniciar canto antes actividades normais para evitar o desacondicionamiento derivado de estar inmobilizado. O normal son 4 semanas de baixa. O ser un deportista de alto rendemento pode chegarse as 5 ou 6.

As fichaxes o martes día 3 en Marineda City

O Centro Comercial Marineda City, patrocinador do Real Club Deportivo, será o escenario da presentación das novidades dos cadros e a colección Macron do Dépor 2019-2020. A cita cos Deportivistas terá lugar o martes día 3 de setembro a partir das 20:00 h. na praza central interior do Centro, a praza Emilia Pardo Bazán, na planta 0.

Todas as fichaxes do Deportivo e do Dépor ABANCA lucirán a nova colección Macron de xogo, adestramento e paseo. Ademais sortearanse entre todos os presentes produtos oficiais do Club e cinco abonos para a Temporada 2019-2020, xentileza de Marineda City.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es