ROLDA DE PRENSA DE KEKO GONTÁN :”O INTERESE DO DEPOR FOI O MÁIS IMPORTANTE PARA VIR”.

 

Rolda de prensa de Keko Gontán que foi o derradeiro en chegar no mercado de inverno e que asinou por 2 temporadas e media. O xogador madrileño quedou abraiado con Fernando Vázquez : “Desde dentro vese aínda máis carismático. Non o vía nunca e o outro día fíxome moita graza cando foi a celebrar o gol correndo coa afección. A min gústame iso, as cousas hai que sentilas. Prefiro iso que unha persoa fría. Logo no vestiario é cariñoso e próximo. Iso gústame”.

Para él o máis importante para decidirse a vir o Depor foi o interese amosado polo clube : “Ó principio a operación era inviable, pero logo empezaron a cadrar as cousas. O interese foi o máis importante. Necesitaba recuperar confianza, sentirme querido e no Dépor foi onde máis notei que podía darse esa situación. Co xeque nunca se sabe. Non porque sexa mellor ou peor, pero ás veces toma decisións segundo parécelle, sen consultar a ninguén”.

Segundo o novo extremo deportivista dende Málaga víase que o Depor : “Tiña planilla como para non estar onde estaba, pero parecía que se ían para baixo”, logo como puideron ver todos esto cambio, pero coma os seus compañeiros, pensa na permanenza : “Non nos imos a enganar. Despois do que se vivía hai mes e medio, o que se necesita é a permanencia. Outra cousa sería enganarse. Se a conseguimos rápido, quizá haxa tempo, pero “piano a piano”.

Tes a rolda de prensa ao completo no vídeo.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

 

Nos noso “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies