ROLDA DE PRENSA DE KEKO GONTÁN : “ESTAMOS CON MOITAS GAÑAS DE COMEZAR”.

 

 

Keko Gontán pasou por rolda de prensa e dixo que quedou a pesares de ter ofertas porque : “Custoume un pouco, sobre todo polo escenario de Segunda B. Había outras opcións, pero estou moi a gusto aquí e confío no proxecto. Gústame o club, o grupo, o equipo que montaron, e son positivo para ascender. Ademais a miña familia está súper a gusto”.

Con todo iso unha conversa con Fernando Vázquez foi decisiva para quedarse : “Fernando Vazquez foi unha das partes importantes, e máis o clube, dirctor deportivo, ao igual ca miña muller, os meus fillos… Confío plenamente en que o meu papel vai ser diferente. Para iso quedeime. Fernando falou comigo, sentámonos, mirámonos aos ollos e díxome que este ano me ía a dar oportunidades e ía ser importante desde o inicio. Se non se produciu esa conversación, non estaría aquí”.

Preme no vídeo para ver todo o que dixo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

.Texto : piratasdemuxia