Algunhas das suas frase :
“Para nós é un privilexio enorme. A xente do Dépor non para de sorprendernos. No Cerro do Espino eran mil e pico. A xente goza e iso lévanos polo aire. Son importantes para nós”.
“Síntome feliz. Estou a gozar do fútbol, do club, da cidade… estou contento aquí e iso vese no campo. O funcionamento do equipo axúdame, fanmo bastante fácil. Estamos nun gran momento colectivo e hai que tentar alongar estas sensacións”.
“Estou cómodo con todos os que xogan por detrás e por diante. Existe esa confianza e síntome tranquilo e seguro. Son xogadores incribles que veñen perfectos para o xogo que queremos facer, ser dominadores. Estou seguro con eles como gardacostas”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto :piratasdemuxia