ROLDA DE PRENSA DE JUERGEN ELITIM : “ESTAMOS PREPARADOS PARA FACER O PLAN DE PARTIDO E PODER GAÑAR”.

 

Juergen Elitim pasoum por rolda de prensa antes do adestramento en Abegondo, un adestramento no mque Borja Jiménez dispuxo xa dos canteiráns, Trilli e Noel, de retorno do adestramento ca Selección Española Sub 19, no que tamén estivo o fabrilista Dani Barcia. Tamén como xa vos informamos, estivo David Mella coa Sub 17. Borja Jiménez reducíu o tamaño do campo de adestramento, para toparse cunhas medidas, os xogadores, similares as do campo do DUX Internacional.

No que respecta aos xogadores, Jaime adestrou a parte e Trilli abandonou o adestramento antes de finalizar.

Juergen restoulle importancia as dimensións do Municipal de Villaviciosa de Odón, e dixo que eles tiñan que : “seguir facendo o que están facendo”, e que van a, “ter máis complicvacións ca noutros partidos” e que , “haberá máis disputas”, e terán que ser o mesmo equipo, “que somos en Riazor, a través de ter a pelota”. Tamén se amosou, “feliz de estar aquí”.

“Estamos a facer tarefas acorde ao noso partido como normalmente facémolo, con redución de espazos, con dimensións moito máis pequenas, con traballos de alta intensidade e de moitísima concentración. É un partido (o do domingo) que seguro que nos vai a esixir estar a un nivel bastante alto, con disputas de accións. Isto esíxecho o céspede artificial e as dimensións pequenas pero creo que estamos preparados para levalo a cabo, para facer o plan de partido e para poder gañar”, dixo Juergen.

Todo o que dixo abrindo o vídeo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia