ROLDA DE PRENSA DE JUERGEN ELITIM : “”É espectacular xogar en Riazor e pasear polas rúas”.

 

Juergen Elitim pasou por rolda de prensa e estas foron as sua frases máis destacadas:

Xogar en Riazor co aforo completo

“É espectacular xogar en Riazor e pasear polas rúas. A afección estivo connosco en Salamanca, pero xa antes tamén en Tudela ou en Calahorra, que estaban máis lonxe. Particularmente estou a gozar da afección, de vivir os partidos como eles. Ese “feeling” dáme un puntiño máis cando as pernas non van ou nas dificultades do partido. Queremos que siga así. Hai ilusión e ambición polas dúas partes”.

“Para min sería unha tolemia. O outro día contra o Badaxoz xa nos deron ese plus. Quizá non sentimos todo o cómodos que deberíamos no partido, pero o seu apoio deunos un xogador máis. Estou tolo por ver a Riazor con capacidade máxima e alentando como acostuman a facelo”.

A sua adpatación o equipo e a cidade

“Estou bastante contento. O trato do club, os compañeiros e a cidade foi de “10” desde o primeiro momento. Estou cómodo na cidade e estame gustando bastante. Así a adaptación é máis fácil, oxalá todo siga igual”.

A derrota ante o Unionistas

“Tentamos darlle normalidade, como ás vitorias. É unha razón máis para motivarnos. Esperamos darlle a volta canto antes e seguir sendo fortes en Riazor”.

“O equipo ten agora como unha motivación extra. Este partido sérvenos para corrixir e reivindicarnos. Temos que aproveitar o desquite do día a día, e que o venres esteamos moito mellor”.

O próximo rival SD Logroñés

“É un rival que vén de remontar un partido complicado. Nós vimos dunha derrota, pero estamos en boa dinámica e desexando que chegue o partido. Sempre é difícil un rival que vén de remontar, pero debemos mirarnos máis a nós e como contrarrestar as súas virtudes, e xa estamos a traballar niso”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia