ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ LUIS MARTÍ e NOVAS BREVES

 

 

Martí falou en rolda de prensa

José Luis Martí pasou por rolda de prensa como cada víspera de encontro e foi cauto en canto a este encontro e pensando plenamente que o encontro de volta : “será no que se decida todo”.

O técnico mallorquín do Depor xa conta con que a posesión sexa para os malaguistas : “Medímonos a un rival que terá a posesión, que traballa ben e se somos capaces de recuperar a pelota poderemos transitar rápido”.

A base do encontro para o téncico deportivista é : “o equilibrio, estar ordenados e non permitir que o rival xere ocasións”, para así poder levarse o encontro, así coma o metal e o físico : “Haberá momentos bos na eliminatoria e momentos malos. O aspecto físico e mental é importante. Fisicamente desgasta bastante e haberá que dar minutos a moitos xogadores”. 

Tamén apuntou ao ambente coma o do sábado axuda e moito : “É espectacular ter ese ambiente, pero temos que estar no noso traballo. Esa hipermotivación e o momento de euforia hai que saber manexalo. Pero é espectacular ter á afección envorcada, mostrando agarimo e o respecto dos futbolistas”.

Tamén apuntou que lle vai pedir os colexiados que estén atentos aos saques de banda tan longos e perigosos que ten o Málaga con Luis Hernández, dos que dí que : “o 80% son ilegais pois levanta o pe e pedirei que estén atentos a esto”.

Abaixo na portada da web tes nos “Vídeos Recomendados” este da rolda de prensa e tódolos que vai poñendo o Depor.

NOVAS BREVES

Soto Grado e Díaz de Mera os colexiados da eliminatoria

Soto Grado arbitrará o mércores en Riazor, e farao para o Depor por 5ª vez esta tempada, as outras 4 acabaron en empate a uns, (1-1), ante Cadiz, Oviedo, Nástic e Las Palmas. para a volta o Domingo 16 en Málaga o colexiado será Díaz de Mera que xa nos arbitrou ante o Málaga en Riazor este ano e foi o que expulsou a Quique González con vermello direto por unha chilena.

Entradas a venda para o mércores

Víctor confirmou a baixa de N´Diaye no Málaga

Tal como adiantábamos onte hoxe confirmouse que o xogador malaguista N´Diaye será baixa para a eliminatoria o haber sido convocado ca sua selección. Unha baixa sensible para o noso rival dun xogador que estaba marcando a diferenza dende a chegada de Víctor Sáchez, que hoxe en rolda de prensa confirmou a baixa e tamén falou do ben que coñece a casa e do importante que é a afección de Riazor, que leva o equipo en andias nos intres difíciles.

Viaxe a Málaga da Federación de Peñas

A Federación de Peñas do Deportivo ten preparado unha viaxe a animar o Depor no Estadio da Rosaleda do vindeiro Domingo. Fletarán 4 autobuses a medias co clube e o coste da entrada será de 15 euros. As canles de reserva son as habituais.

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies