ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ LUIS LEMOS PREVIA O ENCONTRO DE “COPA DO REI” ANTE O CD TUDELANO DE MAÑÁN, E ANIMA A AFECCIÓN : “A VIVIR UNHA NOITE HISTÓRICA”.

 

O adestrador do Bergantiños FC pasou por rolda de prensa para falar do choque da eliminatoria da Copa do Rei que se xogará mañán mércores 1 de Nadal no Municipal das Eiroas, ante o CD Tudelano. Un choque que comezará ás 18:30 horas e para o que se espera un cheo no recinto carballés.

José Luis Lemos comentou que teñen, “algún xogador tocado do encontro ante o Coruxo e non sabemos se van dar chegado a este encontro”. Con todo eso non terán problema para completar a convocatoria, xa que segundo dixo : “Temos 17 xogadores dispoñibles, máis o xuvenil Estramil e non teremos problema”.

No equipo inicial admiteu que, “van a xogar 4 ou 5 xogadores que ao mellor xogaron algo menos no encontro do sábado, que estarán máis frescos, e despois completar con algúns que xogaron”Cree que o equipo : “vai a competir e a ver se conseguimos avanzar na Copa, 

Recoñeceu Lemos que o encontro vai a ser : “ilusionante para todos, poder xogar un partido de Copa aquí en Carballo despois de 34 anos”, que vai a ser un día bonito, “para o recordo de todos, corpo técnico, xogadores, afeccionados, etc…”.

O rival que en liga ocupa a derradeira praza con 9 derrotas e 5 empates, é para o adestrador dos de carballo un equipo : “que lle está a costar gañar encontros na sua liga, pero que ten bos futbolistas,e que é un equipo fisicamente moi forte…para nos é unha proba, un rival de moito nivel”.

Pide ser respetuoso co rival : “que ainda que veña como colista, é dunha categoría superior a nosa e non van a vir aquí 4 amigos”, eso sí, para Lemos, : “Vainos dar igual que esté diante, nos imos a competir, sabendo que o encontro ten unhas dificultades maiores e vamos a ter que estar moi ben para pasar a eliminatoria”.

Para pasar a eliminatoria o equipo, ten que ser moi fel ao que fai, descoñecendo o que faga o rival, polo coñecemento que podemos coñecer do rival”, sabendo que “o marxe de erro ten que ser menos ante este rival”.

Destacou do CD Tudelano o seu fútbol : “direto,  e con moito xogo por banda”, cousa pola que volveu a apuntar que teñen que estar “máis atentos, que os erros canalizan máis..a moi bo nivel e todo o mundo moi concentrado”, e non dubida de que van “a facer un bo partido”, con moitas “gañas de que chegue o partido”, e espera das Eiroas : “que haxa un bo partido e que vivan unha noite histórica”.

Encontro televisado por Footters

Para todos aqueles que teñan contratada a plataforma Footters, decir que segundo teñen anunciado, televisarán os 40 encontros destas eliminatorias.

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC

-Foto : Captura de pantalla

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies