ROLDA DE PRENSA DE JOSE LARA : “A AFECCIÓN QUE TEN O DEPOR É MARABILLOSA”.

 

 

Jose Lara procede dun dos equipos, o Sevilla CF, que pode presumir de contar cunha das inchadas máis entusiastas do fútbol español. Aínda así, asegurou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo, após debutar con afeccionados na bancada de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo ante o Salamanca CF UDS, que “a calor do público notouse. Para min é moi importante porque en certos momentos do partido faise notar e da forzas. A afección que ten o Dépor é marabillosa. A pesar da situación que vivimos, están moi envorcados connosco. Para nós é importantísimo e valorámolo moito”.

Do encontro ante o Salamanca CF UDS, o atacante branquiazul resalta que “o máis positivo foron os 3 puntos. O equipo está a traballar bastante ben, facendo fincapé en todas as liñas e verase reflectido nos próximos encontros”.

Do seu debut, destaca que se atopou “ben. A afección vainos a dar ese alento que nos axuda tanto dentro do campo. Para min é un punto moi forte e faime dar moito máis de min. Esa calor, ese alento é fundamental”, insiste.

Ponse unha nota “positiva. A partir desta semana hai que matizar certas cousas que podemos mellorar e realizalas no próximo encontro”, concretamente o domingo 25 de outubro no Estadio de San Lázaro Vero Boquete ante a SD Compostela (17:00 horas).

Iso si, deixa claro que hai xente nova no equipo “e a primeira toma de contacto, estadio novo… Todo inflúe. O próximo será diferente e seguramente iremos mellorando e tentaremos reflectilo en cada partido”.

Preguntado polo sistema, asegura que “o equipo entende ben o que ten que facer. Temos xogadores que por bandas facemos dano. Matizando certas cousas iremos mellorando e sacando resultados con mellor xogo”.

Ve ao equipo capacitado para “apertar arriba” aos rivais: “Somos conscientes de que é complicado facelo os 90 minutos. Temos que falarnos dentro do campo e saber canto temos que ir. Ás veces é mellor esperar en zonas máis replegadas”.

 

O equipo adestrará mañá xoves en Riazor

O Deportivo ha decido cambiar o escenario do adestramento de mañá xoves 22 de outubro.

Así, Fernando Vázquez e o seu cadro adestraranse a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30 horas, para preparar o encontro ante a SD Compostela, correspondente á 2ª xornada no grupo 1º (subgrupo A) de Segunda División B, previsto para o domingo 25 de outubro ás 17:00 horas.

 

Athenea del Castillo convocada pola Selección Española

“A pesar de non ter o inicio de liga na Primera Iberdrola desexado”, segundo palabras de Manu Sánchez, o Deportivo ABANCA segue no punto de mira do seleccionador español, Jorge Vilda.

Así, de cara ao partido ante a República Checa deste venres 23 de outubro (21:00 horas) no Estadio de La Cartuja de Sevilla, clasificatorio para a próxima Eurocopa, España citou á xogadora deportivista Athenea del Castillo, que substitúe á lesionada Lucía García.

Desta forma, Athenea releva a outra xogadora branquiazul, Peke, que participou na anterior concentración da selección española con motivo da visita a Moldavia.

A futbolista cántabra do Dépor ABANCA incorpórase inmediatamente á concentración da selección española na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) para, o xoves 22, viaxar pola mañá a Sevilla.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies