Contexto e situación actual
O Deportivo atravesa un momento complicado, porque a pelotiña non entra a noso favor, e si está entrando para os outros e son cinco xornadas sen gañar, dúas derrotas consecutivas, pero sabedores que isto é moi longo e as sensacións non son ata agora moi malas, pero sí os resultados. Neste escenario, Gragera asume un rol de voz de mando dentro do vestiario, intentando axudar a amansar as ansias e canalizar unha reacción colectiva.
Mensaxe de unidade e paciencia
Gragera deixou claro que a derrota e os erros son parte do proceso:
“Creo que hai que ser pacientes e relativizar a derrota e o erro. Hai que convivir con iso e ser fortes. Temos que enfocarnos no que viñamos facendo. É increíble a confianza e a unión que ten o grupo.”
Ademais, engadiu:
“Nunca ninguén subiu en xaneiro. Haberá momentos bos, moi bos, regulares e malos. Nos momentos malos se forxan os equipos. Demostrar onde queremos estar.”
Con isto busca lembrar que os éxitos raramente chegan de forma instantánea, senón como resultado dun traballo constante e dunha dinámica de equipo sólida.
Autocrítica e áreas a mellorar
Gragera non evitou facer unha autocrítica sobre as debilidades detectadas no equipo:
“O fútbol son as áreas. E está claro que aí temos que mellorar. Ao principio de tempada metiamos moitos goles e agora non estamos tendo tanto acerto. Hai que volver a iso.”
Ademais destacou que:
“Hai que facer moitas cousas ben e moi poucas mal. Temos que ser ese grupo forte e firme…”.
É dicir, insiste en que a estabilidade emocional e colectiva do equipo é clave neste tramo difícil.
Enfrentar o próximo partido
Na rolda de prensa comentouse tamén o partido diante do Real Valladolid, onde Gragera ve unha oportunidade para retomar o rumbo:
“Sabemos as cualidades do Valladolid. Buscar os seus puntos débiles. Temos que afrontalo como un partidazo… é unha gran oportunidade para nós de volver á vitoria e poder xogar en Riazor.”
Para el, xogar diante da afección en Riazor terá un valor emocional e motivacional extra.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”