ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ DURÁN PREVIA O VALLADOLID PROMESAS-BERGANTIÑOS FC : “A PARTE DE QUE SE GAÑE O QUE HAI E QUE DAR SENSACIÓNS MELLORES”.

 

José Durán pasou pola rolda de prensa no “As Eiroas”, para analizar a situación do Bergantiños FC e o encontro do vindeiro Domingo ante o Real Valladolid Promesas, a partires das  12:00 horas no Anexo o “José Zorrilla”. O equipo carballés precisa comezar a sumar de 3 en 3 e desta volta a cousa vai a ser moi complicada pois os pucelanos que ocupan a 3ª praza da clasificación buscarán seguir gañando para asegurar a promoción, que está moi reñida con ata 6 equipos as portas deleas a tiro de un ou dous encontros. O adestrador lucense dos de Carballo, José Durán non quer só a vitoria, tamén quer que troquen, “as sensacións do equipo”.

-Foto e Vídeo : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia