ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ DURÁN PREVIA AO BERGANTIÑOS-LAREDO : “O EQUIPOO ESTÁ COMPETINDO BEN…SE AS EIROAS SE ENCHE SERÁ MÁIS DIFÍCIL PARA O RIVAL”.

 

 

José Durán pasou por rolda de prensa nas Eiroas e falou da actualidade do equipo antes do importante encontro do Domingo ante o CD Laredo a partires das 17:00 horas no campo carballés. Un encontro para o que a diretiva bergantiñista anima afección a asistir e darlle alento aos seus nun encontro ante un rival direto pola permanenza, encontro para o que dalle os socios a oportunidade de levar a un amigo de balde, e invita a toda a canteira.

O adestrador lucense dos de Carballo veu certa melloría no seu equipo nos derradeiros encontros a pesares dos resultados, vio a un “equipo máis competitivo e máis equilibrado no xogo defensivo e o ofensivo”, o técnico dixo que dende o encontro ante o Palencia, “estaba afectado e saeu con malas sensacións”.

Buscara´n que non lles marquen con tanta “facilidades” e aproveitar algunha das ocasións que xeran. Cousa na que están a fallar e pola “situación tan compremetida na táboa”, as cousas “vanse enquistando”, polo que traballan na xestión anímica para que esto non pase, e repetir o que fan nos “adestramentos, para que esto pase nos encontros”.

Buscan que as “situacións e plantexamentos axuden o equipo, sen mirar a clasificación e sendo positivos, para que axuden a revertir a situación”.

Contra o Laredo, non nos vale o empate, e eles como mínimo teñen que vir a gañar, o que en certo modo nos beneficia, que os dous equipos xoguen a gañar”. Dixo dos astures que son “un equipo forte e que é un rival complicado, posiblemente menos cos anteriores cinco”, e que será “difícil gañarlle se non facemos as cousas ben”. Considera que se As Eiroas está cheo será “máis difícil para o rival”.

-Foto : e Texto : Prensa Bergantiños FC/Xosé Búa “Pirata”.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies