Jose Ángel manifestou en rolda de prensa após recoller o Premio ao Xogador Estrella do pasado mes de xaneiro que “miramos para o CD Eldense (rival este domingo 16 de febreiro ás 16:15 no Estadio Pepico Amat) agora mesmo. É o único que podemos mirar. Tamén o dixo o míster o outro día despois do partido, sería un erro pensar cousas diferentes. Nesta Segunda División cando ganas dous partidos parece que todo é moi fácil. Cando perdes dous parece que é un mundo. O mellor é ir semana após semana collendo sensacións. Agora mesmo estamos nun bo momento e sobre todo temos unha alta capacidade de competir ante calquera rival, que é o máis importante nesta categoría”.
Cre que a clave do bo primeiro tempo do pasado domingo ante un dos poderosos é “seguir insistindo. É verdade que en ABANCA-RIAZOR non se están dando os puntos que creo que mereciamos e que si se estaban dando fóra de casa. Sempre dicimos o mesmo, que tiñamos que seguir insistindo, seguir traballando forte como viñamos facendo, porque algún día ía chegar o premio a nivel de puntos. O equipo soubo facer unha boa lectura do partido. Sabiamos onde o Almería tiña as súas debilidades e explotámolas”.
O mediocentro deportivista asegura que “estamos cómodos no campo, non só eu senón todos os xogadores. Temos unha saída de balón fluída, normalmente adoita ser limpa e tentamos sempre buscar os espazos para poder facer unha gran saída de balón. De momento estase dando ben. Hai que seguir insistindo niso. As cousas cando van ben en hai que seguir facéndoas como están”.
Do partido ante o CD Eldense, advirte que “agora vén a hora da verdade. Estes meses son os que xa che van definindo onde vas terminar a temporada. Igual que para eles será vida ou morte para saír aí deses postos de abaixo, para nós exactamente igual, porque queremos seguir con esta boa dinámica, pensar só en fútbol e conseguir puntos, que é o importante”.
A nivel individual, Jose Ángel, que soña con xogar co Dépor en LaLiga EA Sports, tenta “dar o mellor en cada adestramento, en cada partido. É certo que agora mesmo estou contento, feliz dentro do campo, no rol que me pide o míster e esperemos prolongalo moito tempo”.
-Foto, video e texto : RC Deportivo/rcdeportivo.es