Rolda de prensa do xove cantairán coruñés do depor, Jorge Valín, que di non pensar máis ca en “traballar e dalo todo para convencer o mister e ver se lle quer dar algúns minutos…As condicións que se dan son beneficiosas para os xogadores da canteira. Está claro que ninguén vai xogar todos os minutos e haberá rotacións. Eu céntrome en traballar e adestrar. O meu obxectivo é estar preparado por se o adestrador requíreme. É unha oportunidade tanto para canteiráns como para xogadores do primeiro equipo que non estaban a contar tanto”.
Sobre o trato de Fernando Vázquez cos canteiráns é : “coma uns máis, coma os outros compañeiros, o normal de adestrador a xogador, cordial”.
Debutou con Luis César nas Palmas, e di que : “agora vou a seguir traballando para convencer o mister”, para volver a xogar no primeiro equipo.
Tes todo o que dixo o completo premendo no vídeo…
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.