ROLDA DE PRENSA DE JAIME SÁNCHEZ : “Sufrimos un empate e unha derrota, pero o inicio de liga segue sendo moi bo”.

 

A principal e única pregunta e resposta da rolda de prensa desta mañán a Jaime Sánchez, foi a que lle fixeron sobre o seu estado trala lesión do pasado venres que o obrigou a deixar o terreo de xogo nos derradeiros minutos do choque, nos que o SD Logroñéz acadou o empate : “Xa estou recuperado. Viña dun parón, dunha pequena lesión, pero xa estou ben. Contra a SD Logroñés sufrín cambras e non podía seguir. Pedín o cambio, pero xa estou para Irún”, dixo o central deportivista.

Esta foi a pregunta de rizar o rizo, se queren volver a gañar : “Por suposto que queremos volver á vitoria, pero o equipo non está para nada nervioso. Sufrimos un empate e unha derrota, pero o inicio de liga segue sendo moi bo. Nin nerviosos, nin preocupados, pero si queremos volver gañar”.

Sobre o Real Unión próximo rival deportivista, que anda en horas baixas : “Sabemos que será un partido complicado. Empezaron ben, pero veñen nun refacho bastante malo. Sabemos que nesta categoría calquera pode gañarche. E máis fóra de casa. Será un partido disputado, complicado. Eles teñen necesidade de gañar, pero nós tamén. Somos o Dépor e queremos gañar en calquera campo. Imaxínome que eles estarán motivados porque necesitan gañar e medirse ao Deportivo sempre é un extra, pero non llo poñeremos nada fácil”.

Foi preguntado sobre Trilli, que xunto con Noel son o tema das preguntas de tódolos días por parte dos xornalistas, (non todos), que cubren as roldas de prensa do RC Deportivo : “Vén dunha lesión, non demasiado importante, pero que o deixou fora unhas semanas. Ten que estar tranquilo e recuperarse ben. Cando el estea preparado volverá á convocatoria, se o míster quéreo así. Que estea tranquilo e el estao. Nós estamos a desexar que volva connosco”.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies