ROLDA DE PRENSA DE JAIME SÁNCHEZ : “PARECE COMPLICADO QUE SE XOGUE ANTE O DUX”.

 

Jaime Sánchez pasou por rolda de prensa no día de hoxe e manifestouse en favor da sua parcela e cre que “está ben cuberta”, así como aconsellou indiretamente a Barcia, “que aproveite cada vez que está adestrando con nós”, e pide que se lle quite a “lupa de enriba”, que ainda é un rapaz moi xove.

Analiza a zaga decindo que temos : “tres centrais puros do primeiro equipo. Pero tamén está Dani Barcia, que ten moito talento e pode ir incorporándose a dinámica de primeiro equipo, aínda que sexa mozo e teña moito por aprender. E logo está *Álex Bergantiños, que pode facelo perfectamente. Diría que está cuberto. Daquela os que deciden son o míster e a dirección deportiva. Se vén algún compañeiro máis, encantados, pero creo que está bastante ben cuberto”

E sobre Barcia di que : “En casos de xente tan nova, o mellor é que non se fale moito deles. Deixalo tranquilo. El demostrou que é un bo xogador, pero é moi novo. Diríalle que aproveite a oportunidade cada vez que está connosco, que siga traballando como o está facendo.. Tamén comentou o do “castigo” sufrido polo chaval, por chegar tarde : “O do castigo é algo que pode pasar, é un tema esquecido”.

Tamén tivo unhas palabras para Héctor Hernández, un dos mellores xogadores da pasada tempada e co que a dirección deportiva non conta incriblemente : “É un caso complicado, vén de facer un gran ano e é moi profesional. Está a ter moi bo comportamento, pero ao final é o club o que decide. Tanto se é aquí coma se é noutro sitio espero que lle vaia ben, porque llo merece”.

Tamén falou sobre o DUX, equipo ao que lle desexa que todo se arregle, pero ten a mesma incertidume ca todos : “Sabemos o mesmo que o resto. Parece que está complicado que se xogue. Se non teñen xogadores suficientes é difícil, pero esperemos que se arranxe. Sería unha pena empezar a liga con 19 equipos e oxalá a Federación arránxeo e o Dux poida participa”.

No vídeo todo o que dixo.

 

Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia