ROLDA DE PRENSA DE JAIME SÁNCHEZ : “IMOS A DALO TODO POR ESTAR NA FINAL E ACADAR O OBXETIVO PORQUE A AFECCIÓN MERÉCEO”.

 

 

Jaime Sánchez asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “imos ir a Castellón a gañar o partido. É un resultado (o 1-0 da ida) que é positivo porque imos cunha vantaxe, pero está claro que en calquera momento eles pódense meter na eliminatoria. Temos que ir gañar, a tentar marcar. Vai ser difícil, é playoff e xogamos alí, coa súa xente. Está claro que vai ser difícil pero imos ir a facer o noso partido e a tentar gañar o partido e a eliminatoria”.

Admite que “se cadra #ANOSAFORZA esperábase un resultado máis avultado. Oxalá fose así, unha vantaxe aínda maior, pero é playoff, contra un gran equipo. Hai que valoralo. Hai que valorar que estamos por diante na eliminatoria. Agora hai que ir a Castellón e cumprir tamén. Estou satisfeito co traballo que fixemos. Démolo todo e puidemos conseguir un 1-0. Agora toca ir a Castellón a gañar o partido tamén e a pasar a eliminatoria”.

Para lograr ese obxectivo, pide “xogar como mellor sabemos, que é a ter o balón e a pesar de ser fóra de ABANCA-RIAZOR ir gañar. Cando non vas gañar e tentas aguantar o resultado, é perigoso. No vestiario témolo todos claro que temos que ir gañar o partido aínda que sexa fóra de casa e aínda que esteamos por diante agora mesmo. É o que máis nos beneficia a nós: xogar como sabemos e coma se estivésemos en ABANCA-RIAZOR”.

O central deportivista vaticina un CD Castellón “totalmente diferente ao que foi en ABANCA-RIAZOR porque ten que marcar. Iso pódenos favorecer, os equipos que veñen a xogarnos de ti a ti”.

Asegura que a psicose de xogar fóra de ABANCA-RIAZOR “queda atrás. É verdade que levamos moito tempo sen gañar fóra de casa pero iso está esquecido, nin o pensamos. É playoff, non ten nada que ver coa liga e estamos totalmente capacitados para gañar fóra. Así queremos demostralo esta fin de semana”.

Un dos futbolistas máis experimentados do vestiario branquiazul alerta que os castellonencos “van ter as súas ocasións seguro porque é un gran equipo, porque é playoff, porque estamos no seu campo. Pero nós tamén a imos a ter. A ver quen está máis acertado. Nós imos ir a marcar gol e a tentar que non nos metan. Vai ser un partido moi disputado, no que vai haber pequenos partidos. Hai que estar preparado para cando nos toque defender máis e cando nos toque ter o balón. Oxalá que non nos marquen, porque se non nos marcan estaremos na final”.

Con #ANOSAFORZA facendo cola toda a noite diante da Oficina de Atención ao Deportivismo de ABANCA-RIAZOR para conseguir entradas para o partido deste domingo 11 de maio ás 18:00 en Castalia (InSports.tv), a pesar dos 1.020 quilómetros que separan ambas as cidades, cualifica este feito “incrible. O de #ANOSAFORZA é incrible. Estamos en semifinais aínda e aínda así a xente está como tola por vernos. Nós só queremos agradecerlles todo o que fixeron este ano e dicirlles que imos dar todo por estar na final e por conseguir o obxectivo porque eles o merecen”.

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies