ROLDA DE PRENSA DE JAIME SÁNCHEZ : “A AFECCIÓN QUE TEMOS NON A TEN NINGUÉN”.

 

Jaime Sánchez pasou por rolda de prensa e falou do gol en propia porta que marcou de maneira involuntaria, así coma do feito de que o equipo esté tan compaxinado a pesares de ser moitos xogadores novos no plantel : “Cando se fai un equipo case novo habitualmente costa, non é normal o deste equipo. Xúntase todo. Xogadores, corpo técnico, corpo médico… todo o que rodea ao equipo é positivo. E cando é positivo, reflíctese. Temos unha sorte enorme de estar no Dépor”.

Sobre a afección dixo que : “como a nosa non a ten ninguén e todo iso suma”, e para él sería un fastídio que polo COVID-19 voltásemos as restriccións : “sería un amolo que houbese restricións porque a nós dános a vida ver o estadio cheo cada dúas semanas”.

Ademáis de dicir que : “O equipo ten fol dabondo e imos dar moito máis. Queremos seguir gañando e sendo líderes, temos equipo para iso. O equipo quere ser líder. Xogar playoff xa sería un logro, pero cambia moito subir directo que xogarcha logo nun playoff, aí pode pasar de todo. O obxectivo é quedar primeiros e subir directo”.

O clube recurreu ao cartón que lle amosaron en Majadahonda

O RC Deportivo recurreu o cartón amarelo que veu Jaime Sánchez no encontro do pasado Domingo ante o Rayo Majadahonda, no que o colexiado lle sinalou unha falta que él non fixo, nunha xogada na que o que recibe falta é él, por un manotazo na cara. O Comité a pesares de que no vídeo se ve claramente que o colexiado tiña que haber sinalado falta a favor de Jaime Sánchez, mantén o criterio do árbitro, (nada novo baixo o sol), e o central deportivista suma así 4 cartóns amarelos, a un da suspensión por acumulación.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia