ROLDA DE PRENSA DE ISMAEL ARILLA, (DIRECTOR DE FORMACIÓN DO RC DEPORTIVO) : “UN 98% DOS 210 XOGADORES DA CANTEIRA DO DEPOR SON GALEGOS”.

Moi boa e interesante rolda de Ismael Arilla, director de formación do RC Deportivo no que fai un balance de todo o ano na canteira e do que se está a fecr e cal é o proxecto de futuro. Casos coma o de Yereamy e a sua devoción polo Depor e chegar a onde está fai que “os rapaces vexan esto e que soñen con vestir a chaqueta azul”, (pola chaqueta que mostraban Yeremay, Barcia, Mella, Eva Dios…na homenaxe de fai unhas semanas a canteira.

Sobre posibles incorporación admiteu que Jairo, canteirán que non chegron a un acordo con él o pasado ano e que fixo unha gran campaña no Ourense, “está no radar do Depor, segímolo e creceu moito desde a sua marcha”. 

Sobre a marcha do alevín Villanueva ao Real Madrid, sacoulle ferro e dixo que “non o tommos coma unha decepción, cada neno é libre de seguir o seu proceso formativo onde queira e facer porque cada vez pase menos. Hai rapaces que son de fora e que teñen moito arraigo polo clube, o caso de Yeremay xa amosou ser máis deportivista ca outros que naceron aquí”.

Tamén falou de Manuel Pablo e Miguel Figueira, Rubén, Kevin…e da idea de futuro no Fabril ao que subirán varios xuvenís.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”