ROLDA DE PRENSA DE ISI GÓMEZ : “Sabemos que é importante, un rival que está arriba connosco e co que seguramente nos xoguemos o liderado”.

 

Isi Gómez, que está a comezar a ensinar o nivel que se lle atesoura, pasou por rolda de prensa, e falou da actualidade do equipo, e nesta rolda de prensa como xa era de esperar preguntouselle sobre Lucas : “Estamos moi contentos de que estea connosco. É un xogador diferencia e encima no vestiario véselle con experiencia para achegar moito. É un pracer telos aos dous arriba. Marcan diferenzas e gañan partidos”.

Tamén foi preguntado polo feito de que o estar sen laterais, xogasen Pablo Martínez, (trala lesión de Carnero e non Retu), e xa de inicio, Villares por Trilli : “Son xogadores novos e ha de chegarlles a ocasión”.

Sobre o Alcorcón, próximo rival o vindeiro sábado a partires das 17:00 horas dixo que : “Sabemos que é importante, un rival que está arriba connosco e co que seguramente nos xoguemos o liderado. Son tres puntos, pero un partido crave porque están aí e ao final de tempada serán importantes estes puntos. Non me sorprende velos arriba. Como plantilla teñen un equipo con experiencia na categoría e en superiores. Sabiamos que podían estar arriba, pero confiamos en nós, no equipo que temos e será un partido bonito no que teremos que traballar moito”.

Todo o que dixo escoitando o vídeo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies