Irene Ferreras pasou por rolda de prensa, previo o encontro ante o Eibar en Abegondo. A técnica deportivista amosouse moi contenta porla primeira vitoria fora, a pasada semana : “Moi contentas pola primeira vitoria fóra. Necesitabámola por un tema mental”.
Falou do rival, co que xa se enfrontaron en Asturias en pretempada, encontro que perderon 1-2 : “O amigable do verán foi máis unha experiencia previa que unha pista para o que vén. O Eibar evolucionaría, como nós. Baseámonos máis en partidos recentes que puidemos ver. Foi unha boa experiencia porque nos expuxo a un tipo de fútbol e a un xogo que nos custaba máis. E o equipo vai dando pasos niso. Sempre queremos impoñer a nosa idea e se somos capaces de ter a pelota, temos recursos para facer dano ao rival. Pero é un rival perigoso e ameazante, que provoca moitos erros e rouba moito en campo contrario. Temos que facer un partido moi limpo con balón”.
Carlota Sánchez lesionada
Irene xa dixo que non contaba con Carlota Sánchez que acabou lesionada a pasada xornada, e pouco despois o RC Deportivo daba o parte médico da xogadora deportivista :
“A futbolista Carlota Sánchez acabou o partido do pasado domingo en Lezama ante o Athletic Club con molestias musculares.
As probas realizadas á futbolista coruñesa polos Servizos Médicos co doutor Alejandro Mejuto confirmaron que sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda.
Carlota Sánchez estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, comezará a continuación unha etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia