Imanol Idiakez pasou por rolda de prensa previa ao Rayo Majadahonda-depor e gran parte da mesma foi sobre os problemas que está a arrastrar Lucas Pérez que si a semana adestrou uns días aparte, nesta fíxoo durante toda a semana. Dixo que falaría cos galenos e co xogador e logo tomarían unha decisión. Poucas horas despois saía a convocatoria e nela non aparece o xogador de Monelos, pero na rolda de prensa Idiakez dixo que ainda podía chegar mañán a decisión de que Lucas viaxase.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”