Imanol Idiakez na rolda de prensa previa o Depor-Sestao neste día que o noso clube cumple 117 anos, advirte que o partido deste domingo 10 de decembro ás 16:00 horas (TVG-2 e FEF TV) en Riazor : “Temos que tomárnolo moi en serio porque necesitamos facer as cousas ben e necesitamos esta vitoria. Remamos en momentos moi difíciles e o domingo é unha gran oportunidade. Se somos capaces de sacar adiante o partido imos ver todos de diferente cor a temporada. Oxalá fagamos un bo partido e podamos conseguir a vitoria”.
Así pois, recalca que “é un día importante. Unha vitoria empuxaríanos de verdade. Estamos con moitas ganas de que chegue, facer un bo partido e levarnos os 3 puntos”.
O técnico deportivista indica que o partido, ante un rival da zona baixa, pode ser trampa porque “non tivemos a fiabilidade que nos gustou con este tipo de rivais e porque o Sestao vén no seu mellor momento. Nas súas últimas saídas, empate en Tarragona e vitoria co Rayo Majadahonda clara. Onte (en Copa) vímolo outra vez. Está nun bo momento e teremos que facer ben as cousas para gañar”.
Neste sentido, pide “adaptarnos ao partido que se nos expoña e ser efectivos sobre todo”.
Imanol Idiakez subliñou que, após o 1-2 do Estadi Johan Cruyff, “estamos con moitas ganas de darlle continuidade. A vitoria de Barcelona foi un impulso e o partido do mércores, coa pena de non pasar, pero contentos porque sentimos a calor de #ANOSAFORZA. Fixemos un bo partido”.
Queda coas “sensacións dos dous partidos. O domingo a sensación é que o equipo é valente, vai buscar ao Barcelona B á súa área; e o mércores parecido, aínda que engadiría que houbo intres dunha conexión especial con #ANOSAFORZA. Os xogadores sentiron a calor da xente e esa enerxía gustaríanos que fose o punto de partida do domingo. Oxalá podamos volver darlle unha alegría a #ANOSAFORZA, que é o que estamos a desexar”.
-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo