ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ PREVIA O DEPOR-BRAGANTINO DO TERESA HERRERA.

 

Imanol Idiakez repasou esta mañá na sala de prensa de Abegondo a actualidade branquiazul. O técnico vasco reflexionou ademais sobre #ANOSACANTEIRA e o seu papel no primeiro equipo: “Temos unha canteira marabillosa da que queremos tirar, que queremos que sexa importante no futuro do Dépor”, sostén.

Estas foron algunhas das súas frases:

Posicións para reforzar
“Imos tentar mellorar onde podamos, onde creamos que se pode mellorar. Aínda levamos pouquiño tempo. Non foi máis que un amigable e un partidillo co Fabril, pouco tempo para sacar conclusións”.
“O que queremos é xogadores de calidade, de nivel para o Dépor e para axudarnos a mellorar. Estamos a traballar en ver por onde vai o equipo, onde o levamos, onde os xogadores tamén nos levan a nós para detectar esas posibilidades de mellora. Queda moito tempo de verán e de mercado”.

Yeremay
“O outro día no amigable tivo unha actuación boa, como moitos, pero non sería xusto medir aos xogadores por un amigable, por 45 minutos. É un futbolista no que temos todos posta moita confianza. Estamos convencidos de que esta ten que ser unha temporada importante para el no seu crecemento, na súa madurez. A temporada pasada terminou os últimos partidos con moitos minutos, pero durante a temporada non tivo esa regularidade. O mozo tamén sabe que este ano a oportunidade que ten é de poder demostrar esa regularidade, porque se é capaz de render con regularidade, o Dépor vai saír beneficiado”.

Ximo Navarro
“É un xogador polivalente que pode xogar en calquera dos catro posicións da liña de atrás e iso dános unha polivalencia no cadro, que tanto na portería como na defensa non espero moitas novidades. Aí estamos ben, incorporamos xente, tiñamos xente da temporada pasada cun bo rendemento”.

Retuerta
“Sei que tivo o ano pasado aquí un grolo difícil. Tivo que irse. Fixo unha boa segunda parte da temporada no Hércules e estouno vendo ben. É outro mozo novo que, como todos os mozos, están en proceso, que como todos os mozos novos son son máis irregulares, teñen altibaixos, días mellores e días peores. Ten unhas moi boas condicións e imos ver se é capaz de dar o salto de render nun nivel de regularidade que necesitamos”.

Mella, Jairo, Diego Gómez e a filosofía da canteira
“Necesito ver a todos os mozos. Non podo traballar con 35 xogadores porque non se poden facer adestramentos. Para facer adestramentos de fútbol necesitas ter un cadro que haxa 20, 22 de campo como moito. Se non non se poden facer tarefas que teñan sentido no xogo”.
“Vímolos. Mella debutou a temporada pasada. Diego Gómez e Jairo son xogadores de nivel; Rubén López, Nájera… Estou a coñecer a todos. O meu obxectivo, ademais, é coñecelos canto antes”.
“Acabo de chegar, temos unha canteira marabillosa da que queremos tirar, que queremos que sexa importante no futuro do Dépor e para iso teño que coñecer aos futbolistas; e para coñecelos teño que velos traballar. Entón van ir subindo, baixando, van estar comigo, van estar co míster do filial. O traballo vai ser na mesma liña, da man. Estamos todos co mesmo obxectivo”.
“A canteira hai que traballala, adestrala, pero non hai que vender motos. Para un adestrador é moi fácil pór un mozo da canteira un intre, déixalo xogar, a xente diche ‘mira, xa sacou un mozo de canteira’, e non o pos nunca máis. Iso non é facer canteira. Facer canteira é preocuparte por traballalos, por velos, por adestralos, porque melloren, esixirlles e cando estean preparados, entón porlle a camiseta do Deportivo, que é unha cousa moi importante e que alguén se ten que merecer”.
“O obxectivo ten que ser que o Dépor manteña a canteira que ten e a poder ser mellorala, porque se podemos mellorala hai que mellorala: a forma de funcionar, Abegondo, a metodoloxía, que saian máis xogadores aínda e mellores. A nosa obrigación é dar paso á canteira, pero tamén pór o nivel de esixencia. E o nivel de esixencia que debemos pór é que queremos que o Dépor primeiro ascenda a Segunda División e logo xa falaremos”.

Dianteiros
“Pode ser que veña alguén. Os goles son matemáticas. Para conseguir obxectivos como o que queremos nós, hai que facer moitos. Aquí perdéronse goles, os de Quiles, de Soriano, algúns máis. Veu Barbero, Davo. Trouxemos goles e se atopamos goles polo camiño ímolos a traer porque fan falta cincuenta e pico, sesenta, sesenta e pico para conseguir obxectivos”.

#ANOSAFORZA
“Estamos nun Club que ten unha afección tan incrible que contra o Atlético Arteixo hai 8.000 e pico espectadores en ABANCA-RIAZOR. Isto que temos é unha barbaridade, é unha potencialidade brutal. Ter unha afección así, hai poucos sitios. Entón iso hai que compatibilizalo, que estamos a xogar en Primera RFEF. É moi complicado. Non é fácil porque temos un potencial aí fóra que é de Primeira División, nivel alto, dos mellores; e a nosa realidade é da Primera Federación. A ver se somos capaces entre todos de saber que a historia do Dépor e a súa realidade a nivel de afección é de Primeira División, pero a nosa realidade competitiva é a Primera RFEF. Se queremos saír de aí temos que competir en Primeira RFEF e temos que ser no campo o mellor equipo, se podemos, de Primera RFEF”.

Dificultade dun pasado glorioso
“A dificultade é saír a ABANCA-RIAZOR con 20.000 ou con 25.000 que son do Dépor a matar; que xa viron ao Dépor en Primera División, que viron xogar a Bebeto, a Mauro Silva; que viron gañar ligas; que viron Champions; e que agora están a ver partidos de Primera RFEF. E que os xogadores entendan e nós entendamos que é normal que de cando en vez haxa ansiedade, nerviosismo, que non lles guste o que ven porque viron cousas moi boas. A ver se entre todos conseguimos convencernos uns a outros que iso é o pasado e que se queremos volver vivir ese pasado hai que saír de Primera RFEF e hai que competir en Primera RFEF. E ese é o único camiño que podemos percorrer agora. O pasado non nos vai a servir, non nos vai a axudar a gañar partidos. O único que nos vai a axudar a gañar partidos é o que fagamos cada día no campo, no adestro”.

-Foto, Texto e Vídeo : rcdeportivo.es