ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ PREVIA O ARENTEIRO-DEPOR : “IDIAKEZ AGUANTA CON ENTEIREZA O ACOSO DA PRENSA ANTIDEPORTIVISTA”.

 

Xa levamos máis dun mes que dende alagún medio comezaron a primeiro lanzarlle dardos ao adestrador deportivista, que pouco a pouco se foron convertindo en misís, e que o que comezou cun medio foi extendendo ao estilo do COVID-19 e xa son moitos os que atacan e buscan a destitución do adestrador. Nun medios xa sonou Nafti, noutros, Abelardo, Paco Jémez, e algún máis.

A Idiakez xa hai meses que dixemos que se lle estaba poñendo cara de Garitano, que a sorte que tivo como adestrador deportivista foi nefata, tanto que cando colleu o Bilbao fixo refernza a aquela tempada na que de haber VAR, 9 de 12 xornadas disputadas terían trocado de resultado vistas despois as repeticións da televisión e, “ser cadra eu seguiría dirixindo o Depor”, dixo nesa entrevista o adestrador vasco.

Hoxe Idiakez non se extendeu moito neste eido, pero si que fixo referenza, e xa o fixera cando foi do “atraco” no Toralín, pero desta vez fixo referenza porque foi un continuo, dende o inicio da rolda de prensa, sobre o seu pescozo como estaba, como se vía, o seu futuro, etc…todo apuntando diretamente. Imanol fixo referenza a tódolos despropósitos que sufreu po equipo a modo de arbitraxes, lesións, e ata mala sorte tanto de erros propios coma de acertos inxustos do rival, sen nomear todo pero deixando uns puntos suspensivos de que, esto xa o dixen e non é disculpa.

O parecer ante o Arenteiro volve a estar na mesa de operacións. Ante o Barcelona B estaba na mesma situación, pecháronlle os puntos e de novo volven a estar abertos. esto só axuda a desestabilizar que é o que buscan algúns para meter no sitio o amiguete “marioneta” de turno que nos da toda a información.

A nosa opinión 

Mala sorte, erros arbitrais que nos quitaron moitos puntos, lesións, pouco rendemento de xogadores que chegaban cun bo cartel, falta dun extremo esquerdo natural e dun dianteiro con gol. Non se pode crear tantas ocasiónscomo se crearon en 15 dos 17 encontros xogados e levar gañados só 5 encontros, empatados 8 e perdidos 3, cando so se mereceu perder con creces o encontro de Irún, e o empate foi xusto o da semana pasada ante o Sestao.

Gústanos a proposta de fútbol de Idiakez, a sua compostura, claridade e trato nas suas manifestacións, e a sua posta por darlle minutos a xogadores da canteira, e de telos a carón do primeiro equipo para que estén na dinámica de equipo.

Hai que ter en conta para os que piden moitos xogadores da canteira, que con xogadores da canteira na sua totalidade agora mesmo de tódolos equipos que hai na 1ª División tan só o Villareal ten o seu na 2ª División, o resto están na 1ª Federación, 2ª Federación ou máis abaixo. E con isto non queremos dicir que non queiramos moitos xogadores dos nosos no primeiro equipo, ou todos, pero as cousas o seu tempo e como se dí no argot do fútbol, derribando portas para sacarlle o posto aos que non dan a talla.

E intre de sumar non de restar e as portas hai un mercado de fichaxes para tentar arranxar desaxustes. Que llo digan o Santander fai un par de anos, cando cas fichaxes de inverno arrasou na segunda volta.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”.