ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ : “IMOS TER UN PARTIDO MOI IGUALADO”.

 

Imanol Idiakez subliñou que despois de alcanzar o liderado con 7 vitorias consecutivas, o equipo está “cos pés no chan. Temos un vestiario maduro, experto, que sabe como funciona o fútbol. Estamos nunha xeira buenísima, estamos a gozala evidentemente porque nos permitiu aos poucos ir escalando posicións”.

Non oculta que “estamos nun bo momento, con confianza pero sabemos que o fútbol é moi cabrón e que cambia moi rápido. O domingo temos os 5 sentidos postos no partido, que vai ser de dificultade. Estou tranquilo porque vexo un vestiario cos pés no chan, que sabe que o que fixeches no pasado non serve para o seguinte partido; e que o domingo cando pita o árbitro vai empezar todo de cero e imos ter un partido de moitísima igualdade”.

Considera clave na remontada branquiazul na clasificación o feito de que “o vestiario, os xogadores e o equipo centráronse no partido de cada semana. É algo que nos custou entender, pero foi unha boa cousa; que puidésemos entender todos que non vale nada no fútbol pensar en máis aló, pensar no futuro, facer números, facer cálculos porque o fútbol cada semana cambia e que o mellor camiño para poder conseguir os resultados é centrarte no seguinte paso e o seguinte paso é Tarragona. Vimos dunha boa serie, iso dános confianza a todos, pero sabemos que o domingo cando pite o árbitro estamos ao 50%”.

O técnico deportivista asegura que se toma o choque deste domingo 10 de marzo ás 12:00 no Nou Estadi Costa Daurada (TVG-2 e FEF TV) ante o Nástic de Tarragona como “moi importante, pero como nos tomamos todos. Aínda queda moitísimo. É verdade que é un rival directo, que está a pelexar polo mesmo que nós, o mellor local do grupo, cuns números espectaculares en casa que evidentemente é un rival directo. Cando xogas a volta cos rivais directos o golaverage está en xogo. Todo conta. É un partido importante, pero tendo claro que vai quedar despois moitísimo. Ou sexa, que pase o que pase o domingo non vai ser definitivo”.

Do conxunto tarraconense advirte que é “un señor equipo, un rival directo, toda a temporada arriba. Ten un gran cadro, un grandísimo adestrador que fai moi ben as cousas e van estar até o final pelexando connosco aí. Se fósemos capaces de gañar sería outro paso adiante e é o que queremos facer”.

De feito, indica que o Nástic “é un equipo moi sólido; cun grandísimo balón parado, dos mellores da categoría; con xogadores de talento que son capaces de desequilibrar o partido en calquera momento, con Andy, con Pablo, con Mula, con Marc, con xente importante, cunha estrutura moi sólida, coa liña de 4, xente experta, con táboas, con 2 bos medioscentros. Algún día apostaron por xogar con 3 por dentro, con 3 medioscentros, outro día con Gorostidi, pero en principio apostan máis por Andy detrás de Pablo. Un equipo con talento, sólido, moi ben traballado e ao que é moi difícil de gañar. Xa o vimos na ida, que a pesar de que fixemos un bo partido gañamos cun resultado moi axustado. É un rival que encaixa pouco e que seguramente nos vai a obrigar a vivir nun partido moi igualado”.

Finalmente, con máis de 1.000 deportivistas nas bancadas do Nou Estadi Costa Daurada, Imanol Idiakez recalca que é “o motivo máis importante para dalo todo, para tentar gañar. Cada vez que imos a un desprazamento e vemos a de quilómetros que fai a xente para seguirnos sentimos cada vez máis obrigados a dalo todo no campo, a deixarnos a pel para que #ANOSAFORZA volva cunha alegría e a viaxe de volta sexa con xúbilo. É un gran partido de fútbol, dous moi bos equipos, nun bo momento, pelexando polas posicións de arriba e con dúas grandes afeccións. Oxalá que todos os deportistas que vaian até alí volvan cos 3 puntos”.

-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies