ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ E CONVOCATORIA : “A LUCAS FÁLTALLE UN POUQUIÑO, IMOS A ESPERAR QUE POIDA PARA A SEMANA QUE VEN”.

 

Imanol Idiakez pasou pola rolda de prensa previa ao encontro da fin de semana, neste caso o rival o Teruel mañán sábado a partires das 20:00 horas, (19:00 GMT), televisado por FEF TV. O equipo turolés a pesares de ir antepenúltimo da clasificación con 32 puntos a 2 da salvación, perdeu os mesmos 9 encontros co Celta B, ou podemos decir que 2 máis co Barcelona B, e menos ca Arenteiro ou Lugo, a pesares de estar de estar tan abaixo. Tamén cabe destacar que empatou en 17 ocasións, sendo o o equipo que máis igualou resultados na liga. De comezar a liga nesta segunda volta estaría 5º, o que o fai un equipo moi complicado, quizais o máis dos que nos quedan.

Idiakez xa advirte na rolda de prensa que : “o partido de mañá é de máxima dificultade. Sabemos o ben preparado que está o CD Teruel e imos co mellor que entendo eu para tentar gañar o partido. E así semana a semana”.

Na lista de convocados non estará unha semana máis Lucas Pérez, que segue con molestias. Idiakez di que “vai mellor” e espera que “esté para a vindeira semana”. A ninguén lle escapa que o de Lucas é máis do que se está a falar e por iso o clube non sacou ningún parte médico para non dar pistas os rivais. O que é de todo ridículo é ler polas RRSS que é “psicolóxico”. Vreo que non cabe ningunha dúbida que Lucas se por él fora xogaba ca perna entablillada.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”