ROLDA DE PRENSA DE IDIAKEZ, PREVIA O CÓRDOBA-DEPOR : “É posible que fagamos trocos, estamos analizando o rival e hai xente con algunha molestia”.

Imanol Idiakez pasou por rolda de prensa paa a previa do encontro do vindeiro venres a partires das 20:30 horas, (18:30 GMT), no Nuevo Arcángel ante o Córdoba. O técnico vasco foi preguntado sobre a posibilidade de trocos neste encontro dando entrada no equipo titular de xogadores recén chegados para esta tempada, o que pideu calma e que irán entrando : Sei que todos queremos ver caras novas, pero hai que darlle equilibrio o equipo”…”É posible que fagamos trocos, estamos analizando o rival e hai xente con algunha molestia. Queda o derradeiro adestramento de mañán en Córdoba. Ainda non teño claro o once”.

Foi preguntado pola situación de Patiño, o que contestou que : “estase integrando ben, vai co idioma pouco a pouco”, pero que vai indo ben no aspecto de ir coñecendo os compañeiros no apartado deportivo, dixo sobre o anglo-galego, un dos que ainda non tivo nin un minuto nos 4 encontros xogados.

Falou tamén sobre a versatibilidade de varios dos xogadores e as posibilidades de trocos de posición, como pasou en Granada que fixo que trocase totalmente o panorama no terreo de xogo : “A riqueza que teñen algúns futbolistas de xogar nun mesmo partido dúas posicións tan diferentes como lateral esquerdo e lateral dereito, como prostituta e centrocampista, como centrocampista e lateral; Para min iso é unha fortaleza, non unha debilidade; que Mario Soriano, que parecía un 10 e se solapa con Lucas, pode xogar de 8 e dar unha actuación fabulosa. É traballo do adestrador. Non estou contento coa primeira media hora do equipo en Granada, pero estou contento cos próximos 50 minutos. Estamos en proceso de coñecernos, teño que ver a xente competir. Temos un bo plantel, que nos permitirá resolver todos os problemas que nos plantexa a tempada, pero non se pode facer dunha vez”.

Todo esto e moito máis escoitando a rolda de prensa.

 

-LISTA DE CONVOCADOS-

Idiakez leva a Córdoba aos 24 dispoñibles, só queda na Coruña Escudero que xa fai cousas co grupo e podería voltar antes do esperado.

 

Imagen

-Vídeo e foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”