ROLDA DE PRENSA DE IBAI GÓMEZ : “O QUE ESTOU VENDO EN RIAZOR, ESTÁ POR ENRIBA DAS MIÑAS EXPECTATIVAS, E DO QUE ME CONTARON”.

-Colgaremos aquí o vído tan pronto nos chegue-

 

Ibai Gómez pasou por rolda de prensa e fíxoo máis ca nada para alabar o compromiso da afección, co que “alucina”, sabendo ionde estamos, e di que é, “por enriba do que pensaba e do que me falaran”. O vasco, que a pasada xornada ante o Pontevedra estreou titularidade, xa deixou detalles da sua calidade, tentou un tiro de fora do área que se lle foi desviado, quedouse só no área, pero pitáronlle fora de xogo, e tivo unha rotura de liñas na que puido deixar só de cara a gol a Soriano, pero tocou co calcaño un defensa rival para desviar o pase, así coma un gran centro co exterior dende banda esquerda, e unha falta moi ben sacada o segundo pau, na que, (ainda que non o pitaron), houbo penalti por un puñetazo do meta a Jaime, o despexar.

“O nivel de esixencia que hai aquí é bonito, precioso. Creo que lía o outro día que é o oitavo club de España con máis abonados e niso fixámonos. Cada segundo do partido apóiannos. E logo, claro, se non consegues os obxectivos, tes que asumir a crítica. E máis estando onde estamos e cunhas cantas tempadas xa nesta categoría. Sabemos que por club, historia, afección e infraestrutura, temos que ir para arriba. Non será por falta de traballo ou ganas, temos que esixirnos e asumir a esixencia fóra. É bo. Hai que tomalo como algo positivo e saber que nun club como o Dépor a esixencia é enorme, por iso elixín estar aquí, nun club de elite”, dixo Ibai.

Sobre o que está a vivir en Riazor : “Está mesmo por encima das miñas expectativas. Vírao e falábanme diso. Pero non podes imaxinar que despois dunhas tempadas onde está o club, a xente siga aí. Parece incrible. Só podo agradecerlle todo o que me está dando desde que cheguei o primeiro día. Estou seguro de que vou conseguir devolverlles todo o que nos están dando. Vese que non fallan e para nós iso é importante”.

O vindeiro sábado a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), toca visita o ABANCA Balaidos, para xogar ante o filial do C.Vigo, (TVG2, InSports TV), para o xogador vasco, só cabe unha cousa : “Se ganas é o que hai que facer, se che gañaa, non quero nin imaxinalo. Temos que esixirnos cada fin de semana e leste é unha fin de semana especial”.

 

Para o partido do mércores 28 de setembro ás 20:00 h. contra o CF Talavera póñense entradas a disposición da afección que queira acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR e que non teña carné do Dépor 22-23. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital (este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app).

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 20 euros de Tribuna e os 10 de Preferencia Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior (Esgotada Marathón Inferior).

As entradas poden comprarse en calquera momento a través da páxina: https://bancada.rcdeportivo.es/

Cambiar imagen

O día de partido, as entradas poden comprarse nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde 3 horas antes do comezo, desde as 17:00 h. e até o arranque do encontro.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia