Ian Mackay pasou por rolda de prensa e manifestouse doido coa derrota do pasado Domingo en León e máis ainda co apoio que tiveron da afección e que agora, “só pensamos no encontro co Celta B e en acadar a vitoria”.
Cree que o mal que están fora non é só porque non se acaden goles, que é o “traballo de todo equipo, non fallan só os de arriba”. Sobre o Vigo B, dixo que, “é un encontro importante porque o son todos e temos que gañar, porque temos que facelo para estar arriba e por nosa afección que fai 3 xornadas que non disfrutan dunha vitoria”.
Tamén foi preguntado sobre os cánticos a Óscar Cano : “Sabemos onde estamos, é un club con moitísima esixencia. É o primeiro que o sabe. Temos que tentar estar unidos. Na afección, cando somos tantos, é imposible que lle guste a todo o mundo. Imos tentar que o partido salga ben. Agora vén o importante e xógase todo en 10 partidos. O vestiario está co míster. E tampouco me gusta falar de apoiar ou non apoiar, porque onde se demostra iso é no campo”.
Alabou a afección a que di que : “Non síntome en situación de pedir nada á afección. Dinme que mesmo se están facendo socios de Unionistas para ir a Salamanca. Encheuse contra o Madrid, encherase este domingo, viaxan a León… Que lles vou a pedir a esa xente? Non nos deixan sós en ningún momento e o que queremos é darlle unha alegría, porque llo merecen de verdade. Estamos arroupados sempre e é normal que cando non se gañan estean enfadados. Pero a xente está enfadada o luns e o mércores xa está a facer cola para sacar entradas outra vez. Non podemos pedirlles nada”.
Todo o que dixo telo escoitando o vídeo.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”