ROLDA DE PRENSA DE IAN MACKAY : “FELICITALOS, E ALÁ CADA UN COMO CELEBRE”.

 

Ian Mackay pasou por rolda de prensa e falou das celebracións dalgúns energúmenos do clube cántabro, que insultaron ao RC Deportivo, os seus xogadores e corpo técnico, que ningún destes tivo nen unha sioa mala palabra para eles en ningún intre.

Argumentaron en redes sociais que era polo trato que tiveron nas redes cando non viñeron xogar a Riazor, por intereses propios, con dous contaxiados, e con lesionados, podendo xogar despois todos, e as novas fichaxes. Pero en ningún intre houbo ninguén do clube que os insultase, como sí insultaron eles a todos coas suas verbas de neniño pequeno en internet. Sobre esto Mackay dixo que “felicitalos e alá como celebre cada un”.

Falou Mackay tamén de como toman o descanso, do que queda por diante, dos lesionados, que “Trilli parece que xa está no seu último tramo de recuperación”, (xa adestrou co grupo con normalidade).

E espera que sobre os puntos da aliñación indebida : “É un caso moi claro, está claro que os puntos teñen que ser para nós e sorprendeunos a todos a resolución de Competición. É normal insistir agora, porque é un caso moi claro e esperamos que nos dean os puntos, véxoo moi claro”…”Gustaríame que se decidise pronto, que fóra esta semana xa. Non creo que haxa que alongalo moito máis. Ao final só beneficiouse ese equipo, ninguén máis, os demais o tiñan claro e non o vexo xusto. Agora queren cambiar a regra, pero aproveitouse ese equipo e ninguén máis. Tense que arranxar canto antes, porque hai máis equipos afectados. Espero que non quede máis desvirtuada a competición”.

Todo o que dixo mírao no vídeo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia