Antonio Hidalgo manifestou este venres na sala de prensa do Dépor Training Center que “o volume de ocasións en cada partido é moi alto. A efectividade vai cambiar un día ou outro. Se ese volume é alto é que estamos moi preto de marcar”.
Do Real Racing Club, rival este domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en El Sardinero advirte que “leva moito tempo xunto, cunha mesma idea e con moitísimos xogadores que levan xuntos tempo. Asócianse moitísimo, ponche en moitísima tensión, non paran de ameazarche á última liña. O traballo do seu adestrador é extraordinario desde que chegou”.
Por conseguinte, vaticina “un partido igualado. Tes que estar moi concentrado porque teñen xogadores que á mínima pódenche facer dano”.
O técnico branquiazul apunta que “El Sardinero é un gran escenario, un gran ambiente. Dun tempo para acá ese estadio empuxa moitísimo. O outro día estivemos nun campo moi parecido (en referencia a La Rosaleda de Málaga). ABANCA-RIAZOR empuxa moitísimo e cando sentes aos teus é un plus máis. É un partido bonito e con ganas de xogalo”.
Finalmente insiste en “estar concentrado porque poden pasar situacións en calquera momento do partido, estar moi metido ante calquera adversidade e a partir de aí competir o partido ao 100%”.