Helton Leite foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.
Deixa claro que a viaxe da pasada fin de semana “non foi turístico. Estabamos listos para xogar e ilusionados coa oportunidade de xogar un partido aí pero o que pasou é unha cousa na que non temos control. Volvemos e xa estamos a nos preparar para o partido do xoves”.
O gardameta deportivista advirte que “hai que respectar o que din as autoridades. Foi unha pena por #ANOSAFORZA, que estivo alí. Agradecerllo e queremos moito darlles unha alegría o próximo partido”.
Iso si, apunta que eses minutos de reencontro do Dépor coa súa afección ás portas do Hotel NH Tenerife “foi diferente. Un día antes do partido se me din o que ía pasar ninguén o podía saber. Foi unha sorpresa grande. Foi moi bo este intre con #ANOSAFORZA. Demostraron toda a súa paixón. Quedamos impresionados. Todos alí tivemos boas sensacións. Non xogamos pero todos saímos de alí con bo sentimento. Queremos darlles unha alegría o xoves”.
Precisamente Helton Leite cualifica de “moi importante” o partido deste xoves 19 de decembro ás 21:15 ante o CD Castellón (LaLiga TV Hypermotion): “Ten un bo equipo, están a facer un bo traballo este ano. Será un desafío moi grande pero estamos preparados e imos buscar os 3 puntos”.
Asegura finalmente que “estamos preparados para todo e queremos gañar os 3 puntos. Non miramos ao que pasou. Só adiante e ao CD Castellón”.
-Foto, texto e vídeo : rcdeportivo.es