ROLDA DE PRENSA DE HÉCTOR HERNÁNDEZ : “Non imos ir de vacacións, non imos ir de paseo. Representamos un escudo. Imos ir a competir o partido”.

 

Héctor Hernández pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista manifestou que “despois de como foi a temporada, asinaríamos chegar á última semana así. Nótase no ambiente que somos xogadores da Pro xa. Non imos ir de vacacións, non imos ir de paseo. Representamos un escudo. Imos ir a competir o partido”, en referencia ao encontro deste domingo 9 de maio no Estadio Los Pajaritos ante o CD Numancia (12:00 horas, Footters).

Lembra que “por desgraza non tivemos un partido no que podamos dicir ‘non temos nada en xogo’. Todas as semanas eran a vida ou morte. Ou gañabamos ou estabamos mortos. Esta fin de semana non temos nada en xogo. Representamos un escudo, que non é un escudo calquera. Imos competir e imos tentar facer o noso mellor fútbol independentemente de que non nos xoguemos nada. Con esa idea afrontamos o partido”.

Recoñece que “a todos nos gustaría estar a falar dos posibles cruces de ascenso. Creo que non forma parte do presente. De nada serve levarnos as mans á cabeza. Eu son unha persoa positiva, que lle gusta ver sempre o vaso medio cheo. Imos quedarnos co bo, co positivo, que seguro que hai cousas positivas. Imos deixar ao carón todo o malo. A recargar pilas despois do partido ante o CD Numancia, a coller impulso, a coller forzas porque o ano que vén é ilusionante, con retos por diante e no que queremos estar todos á altura. Esa é a idea”.

Ex futbolista do CD Numancia a pasada campaña, conta que viviu un descenso, “estivemos moi afectados. O Dépor tamén o sufriu. Aínda manteño amigos cos que non só falei esta semana por enfrontarme a eles. Considero que teño boa amizade. Vaime a doer ver se o Numancia descende de categoría novamente. Agora represento outro escudo, outra camiseta. Débome totalmente a ela. Os amigos quedarán ao carón e que pase o que teña que pasar. O que si teño claro é que antes e despois diso seguirei mantendo as amizades”.

En canto ao seu futuro, Héctor insiste que na Coruña “estou moi a gusto. Son moi feliz. Non vou atopar outro Club no que poida sentirme tan querido, tan valorado. Agora mesmo Deportivo e eu imos da man cara ao mesmo obxectivo”.

Finalmente, preguntado pola configuración da próxima temporada, con dous grupos de 20 equipos no que ascende o campión de cada grupo e un play off de ascenso para os clasificados entre o segundo posto e o quinto de cada grupo, o defensor branquiazul sostén que “o máis xusto é o formato da temporada que vén. Imos xogala. É o que todos queriamos, un formato un pouquiño máis coherente, máis xusto. Estou máis de acordo con este novo formato”.

-Foto, Vídeo e Texto : rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies