ROLDA DE PRENSA DE HÉCTOR HERNÁNDEZ : “Había que gañar e notei en sensacións, adestramentos e intensidade, ese coitelo entre os dentes”.

 

Héctor Hernández pasou por rolda de prensa e reafirmouse nas verbas de Borja Jiménez tralo choque ante a Cultural leonesa, ante os “ataques” comúns da prensa que dí ser deportivista, cas críticas sobre o xogo a pesares de gañar : 

“Reafírmome nas palabras do míster. Era moi difícil pasar do peor partido da tempada para xogar o fútbol que todo o mundo desexa. Que fósemos vistosos, gañar e convencer… iso era imposible. Había que gañar e notei en sensacións, adestramentos e intensidade, ese coitelo entre os dentes. Esa é a liña para seguir ata final de tempada”.

Antre outras cousas tamén se sente agradecido porque se xogue no ABANCA Balaidos o choque ante o Vigo B :

“O ano pasado xogamos en Barreiro e non se nos deu nada mal. Como opinión persoal, eu prefiro xogar en Balaídos que en Barreiro. Non se cales foron os seus argumentos para xogar aí, pero benvido sexa. Estamos preparados. O derbi é co primeiro equipo, pero é un partido que á afección faille ilusión. Afrontámolo como uno máis, estamos listos para ir a por os tres puntos e impórtanos pouco o rival”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto . piratasdemuxia