ROLDA DE PRENSA DE HÉCTOR HERNÁNDEZ : “A NINGUÉN LLE IMPORTA NADA XA O DO ANO PASADO…IMOS A CENTRARNOS NESTE”.

 

Algunhas das frases de Héctor Hernández na sua rolda de prensa, (premendo no vídeo tes moito máis) .

-“Facer 12 de 12 é un inicio inmellorable. Estamos nunha boa dinámica, nunha boa serie”…”O do ano pasado a ninguén lle interesa xa…é pasado…imos centrarnos neste ano”.

-“Díxeno en varias ocasións, que atopara o meu lugar, un club onde se depositou moita confianza en min. Sentín valorado e nestas cousas é cando máis compromiso hai que demostrar co club. As palabras non serven de nada se llas leva o vento”.

-“Este ano veu o tema do ERE e todo iso, o club falou comigo e cando dous están en sintonía é fácil chegar a acordos”.

-“Deixeino ben claro desde o minuto uno, quería seguir aquí. Estaba a gusto e estou a gusto. Desde o primeiro momento que mo propuxeron a miña predisposición sempre estivo. A negociación foi rápida, sinxela e creo que as dúas partes saímos gañando. Estou contento, feliz e con ganas de culminar o obxectivo polo que vin aquí a tempada pasada”.

-“Estiven aquí o ano pasado e foi un dos grandes erros. No meu caso, pódoche dicir que non será así. Todos coñecemos a categoría. Nada é fácil. Calquera che pode pintar a cara en calquera campo. Sabendo o escudo que levamos no peito imos saír a competir e tentar gañar. O escudo non gaña partidos, pero correr e deixarche a pel, o esforzo…”.

-“Hai moita competencia interna en todos os postos. Iso é moi importante para todo o equipo, axudará a que todos sumemos e que todos esteamos en alerta, pendentes, vivos. Porque hai alguén atrás que nos está mordendo a orella e iso implica que teñas que dar o cento por cento en cada partido”.

-“O ano pasado tiven a sorte de que co meu gol levásemonos/levásemosnos tres puntos. Oxalá repetir vitoria. Cinco de cinco sería unha cifra moi boa”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia