ROLDA DE PRENSA DE GERMÁN PARREÑO : “TEMOS QUE ESTAR SEMPRE O 100% SEXA CONTRA QUEN SEXA”.

 

Germán Parreño pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo minutos antes de arrincar o adestramento do primeiro equipo.

O meta deportivista lembra que en cada temporada “todos os anos hai momentos bos e non tan bos. É normal, é o xogo, son dinámicas e o importante é que fomos fieis ao noso traballo, á nosa idea e estase vendo reflectido agora en resultados”.

Ademais, subliña que o equipo afronta cada semana “sen pensar máis aló. Era algo que tiñamos que facer e que nos estaba quizá custando. E o afrontar cada semana como o partido máis importante do ano está a levarnos a focalizar toda a enerxía en nós, no noso traballo e en que a fin de semana saquemos o máximo rendemento”.

Iso si, insiste en que “o traballo que vimos facendo durante todo o ano agora estase vendo reforzado con resultados e a nivel anímico non cabe dúbida que reforza. Vexo (aos compañeiros motivados) e con ganas de seguir afrontando cada partido ao máximo”.

Mostrouse pois “contento porque o traballo vai saíndo e vaise vendo reflectido en resultados. Persoalmente estou contento, con ganas de seguir traballando e que os resultados vaian saíndo como até agora”.

Con rivais agora da zona media da clasificación, por exemplo a SD Tarazona deste domingo 18 de febreiro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), Germán Parreño sostén que “para min e para gran parte do grupo neste momento da temporada é moi importante a maneira en que enfocas a quen te enfrontes, xa sexa dunha maneira ou doutra, estea nunha posición ou noutra. O máis importante é focalizar en que o importante somos nós, que é como unha final para nós cada partido, cada semana. Debería de ser así e afrontalo así. Somos conscientes de que ao 100% somos moi competitivos e temos que sempre estar a tocar ese 100% contra quen sexa”.

É máis, confesa que “sentimos cómodos tomándoo así desta maneira e é idóneo para o momento da temporada no que estamos e así vai seguir sendo. Polo menos no persoal voumo a tomar así, sen pensar en que hai un partido despois”.

Finalmente espera o domingo en ABANCA-RIAZOR “un partido moi difícil, moi competitivo. Eles teñen unha maneira de xogar moi clara, moi directa, con moitos balóns á área tentando que pasen cousas ao seu favor. Un partido moi competido, moi difícil, longo; e imos ter que estar moi concentrados e darlle importancia a cada detalle”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo