ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VIDAL E PRESENTACIÓN DE FRAN E VALERÓN.

 

Fernando Vidal pasou por rolda de prensa co pretexto de presentar a duas lendas do RC Deportivo como son Fran González e Juan Carlos Valerón, o primeiro que levará a dirección da base e o segundo como adestrador do Fabril no que terá de segundo a Manuel Pablo que xa estaba co anterior técnico.

Vidal comezou agradecendo o excelente comportamento da afección o pasado venres que “deixou en ridículo” o haber sido declarado de alto risco, na procura de que se produxese algún altercado para seguir metendo “merda” por enriba do clube, o que buscaba a LFP, para seguir ca campaña de desvirtuamento.

Tanto Fran coma Valerón amosaron a sua ledicia por “voltar a casa”, e poder traballar de novo no clube. Vidal tamén repasou o estado dos frontes abertos polo clube na loita por facer valer os seus valores e que se faga xustiza.

Unha excelente nova estas incorporación de cara a comezar a darlle pulo a canteira, un debe que ten o clube deprtivista.

Premendo no vídeo tes todo o que dixeron durante máis de 40 minutos.

-Foto e vídeo : RC Deportivo