Fernando Vidal e o conselleiro do Real Club Deportivo, Antonio Armenteros, compareceron en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR.
O Presidente branquiazul sostén que ao xogarse o resto da xornada salvo o Dépor-Fuenlabrada “cométese un gravísimo erro por parte da Federación e LaLiga. Hai unha adulteración total da competición. Nas 2 últimas xornadas téñense que disputar todos os partidos que son dependentes á mesma hora. Os árbitros antes dos partidos están pendentes de empezar á mesma hora, no descanso igual. E por tanto a adulteración da competición é total e absoluta”.
Subliña Fernando Vidal que “non é o mesmo que o Deportivo estea a xogar aquí en ABANCA-RIAZOR e os demais equipos, porque presionamos aos rivais; ou que xoguemos xa descendidos. Imos ir a por todas”.
Por conseguinte, “non me considero un equipo descendido”, insiste o presidente deportivista na súa intervención ante os medios de comunicación.
Fernando Vidal cualifica a última xornada de liga como “irregular. Incumpriuse gravemente o principio de igualdade que debe de existir na mesma”.
O Club emprenderá accións legais e fixo un comunicado o respecto :
Coñecida a nota informativa en que se comunica o acordo do adiamento do encontro da 42ª xornada de LaLiga: RC Deportivo – CF Fuenlabrada, e a celebración do resto da xornada en horario unificado programada para hoxe ás 21:00 horas, o Real Club Deportivo da Coruña SAD puxo en coñecemento tanto de LaLiga, como da RFEF e o CSD, a súa oposición frontal a tal decisión, ao entender que se adultera a competición e o espírito das dúas últimas xornadas con partidos cuxos resultados inflúen nos demais.
O Real Club Deportivo cumpriu escrupulosamente con todas as esixencias sanitarias marcadas nos protocolos e presentouse á disputa do partido sen que comparecese o Fuenlabrada. Por suposto, mostrámonos totalmente de acordo coas razóns sanitarias que obrigan á suspensión e que son asumidas por este Club, pero consideramos que debe entenderse que o Fuenlabrada non se presentou á celebración do partido e que ao Deportivo prexudícalle a disputa do resto da xornada nestas condicións.
Por todo iso, o Real Club Deportivo da Coruña estudará e emprenderá todas as accións legais necesarias, antes as instancias correspondentes, en defensa dos seus lexítimos intereses.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.