ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VIDAL : “A intención é que Rolan salga, non podemos endebedar máis ao club”.

 

Fernando Vidal tras presentar a Raí Nascimento, explicou que estaba él na presentación para que a prensa lle preguntase o que quixeran sobre a actuakidade do club e que se houbese algunha incorporación máis, sería coma sempre a dirección deportiva a que estaría na presentación.

A pregunta inevitable era a do futuro de Diego Rolán, un lastre para a economía do club e que non está a aportar gran cousa, con só participación en 4 encontros e 2 goles, un de penalti e un de rebote, eso sí, supuxeron 4 puntos.

Vidal dixo do charrúa que : “A intención é que Rolan salga, non podemos endebedar máis ao club”… e sobre se se vendería a lgún equipo explicou que : “O tema Rolan non é necesariamente un traspaso, pode ser unha ampliación de contrato e cesión. Se non ampliamos a relación contractual, xa miraremos a maneira de conxugalo. Niso traballa a dirección deportiva. Se hai máis saídas ou non, está a traballarse en que se pode mellorar. As saídas non é fácil telas porque estamos ao límite no tema económico, e non podemos ter incrementos na entrada de xogadores. Para que haxa entradas ten que haber saídas”.

Tamén puntualizou que “Se non sae Rolan, non hai ningunha ficha dispoñible. É materialmente imposible. Se se vai, cubriremos esa ficha co xogador que determinen os técnicos e a dirección deportiva. Un punta, un dez, un mediocentro… O que eles decidan. O consello aí non se mete. Hai uns técnicos no club que son os que deciden”.

” Temos a necesidade de conseguir o obxectivo, aínda que este é un proxecto a longo prazo. Este consello está a pasalo moi mal. Os temas económicos vanse liquidando dunha forma ou outra, pero o que marca son os resultados. Imos traballar estes días que faltan co adestrador, como se fixo tamén co anterior técnico. Imos traballar e, se se pode traballar, porque temos necesidade imperiosa de que un xogador como Rolan é inasumible para calquera xogador. Se non pode ser, quedará, pero a intención é que Rolan salga, non podemos endebedar máis ao club”.

Non quixo dar pistas sobre o que mira o club e dixo que : “Trabállase en moitas frontes, posicións… para tentar mellorar o persoal aínda máis se cabe, para ser máis competitivos nos 7 partidos que quedan”.

Sobre a mala confección da plantilla, algo que nos mesmos vimos criticando xa en tempos mellores e esperando que den a talla xogadores que non se sabe a que xogan, Vidal dixo que : “Que está mal confeccionado?…Se gañase 12 partidos, sería a mesma persoal. Hai outros factores. Que é mellorable?… Por suposto. Que hai erros?…Por suposto. Pero é o normal en todo o persoal. Agora, poñer en dúbida a categoría dos xogadores que temos neste equipo… Eu confeccionei a palntillla do Fabril en Segunda B, e esta plantilla… Outra cousa é que non estea a dar o nivel polos motivos que sexa. Pero se cadra outra plantilla tampouco daba resultado. Se tes 33 lesións musculares…se xogadores como Keko non xogan desde Guijuelo… Con Keko fixemos dous puntos por partido. O problema xa non son só as lesións, despois teñen que coller a forma. E iso é un lastre”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies