Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa coma sempre no pre-encontro, desta vez contra o UD Las Palmas, encontro para o que as entradas de púbrico xa se esgotaron, segundo nos anunciou o clube. O técnico deportivista segue aferrado en que hai que gañar 8 encontros e que lle dí aos xogadores que “vamos a ver se os gañamos seguidos”, (cun sorriso), pero considera que a situación trocou, agora xa non son eles sós, están nun grupo de varios equipos ca mesma loita : “Veste noutra situación diferente. Xa non é só estar fora do descenso, senón que estás cun grupo. Non vas só. As posibilidades de permanencia aumentaron. Pero eu o que escoito é que temos que gañar oito partidos. E aos xogadores dígolles que os gañemos seguidos. Temos que gañar esta semana, é outra final. Creo que o equipo está preparado para facelo. Imos soñar con este partido, nada máis”.
Que Fernando uneu o equipo e a afección con él, non lle pasa desapercibido a ninguén, como xa pasou da anterior vez, él asume ser “catalizador e gústalle” : “Excepcionalmente, no Dépor tocoume facer, xa na anterior etapa, ese papel de catalizador, de unión coa xente. Desenvólvoo con agarimo, pero é algo excepcional. Quizá sexa por sorte. A sorte da miña traxectoria aquí, como ocorreu todo na historia. A ti pódeche gustar unha persoa ou desgustarche…Por que gusta ou desgusta?…Non o sei a xente pensa : Fernando Vázquez caeme ben, é así”.
Quedou abraiado ca potencia que amosou nos adestramento Hugo Vallejo, o derradeiro en chegar e dixo que estaba ben e que : “É un rapaz con tanto poderío que che salta á vista. Potente, superpotente. E por tanto véxoo en bo estado. Se cadra podo equivocarme, porque ao ser tan poderoso quizá teña gasolina para 50 minutos. Iso hai que velo nos partidos”.
Sobre o UD Las Plamas dixo que era un equipo “cunha calidade importante” e que o seu adestrador, Pepe Mel, ex do Depor : “Non lembro un partido de Pepe Mel no que a nivel estratéxico variase en exceso a súa formulación”, e pensa que buscará xogar o balón.
Sigueu avogando por que un equipo é “grande” se o é a sua afección e espera que Riazor, “resposte como sabe”. Como xa dixemos as entradas están esgotadas, todo apunta a unha nova excelente entrada, quizais non o cheo o ser en horario laboral para a xente de tendas e traballos similares, ou pola climatoloxía para os de lonxe, que mañán mellorará con respecto a hoxe.
A rolda de prensa completa no vídeo.
En “Vídeos Recomendados” na parte de abaixo da portada da web tes tódolos vídeos que sube o RC Deportivo ao instante, incluso antes de que falemos deles aquí nas novas.
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.