Fernando Vázquez pasou por rolda de prensa previa ao Mirandés-Depor, na que falou da sua relación cos árbitros, “que é moi boa”, así como de Emre Çolak, “pasamos por enriba desta situación porque necesitamos estar todo”, e que “é un bo rapaz, todo corazón”.
Como non podía ser doutra maneira falou do choque decisivo, “seguimos dependendo de nós, e ese orgullo temos que sacalo e expresalo con claridade con voz moi alta…ir a por todas en Miranda”…”Temos moi craro que traballamos pola nosa afección que é moi grande e imos a facelo por eles…Somos Depor…Forza Depor!!!”.
A sua mellor frase tras afirmar que está “pleno de moral trala decepción do pasado Domingo, como lle pasaría a toda a afección”, foi que dixo que : “O que conseguimos estes meses non podemos tiralo nestes dous encontros”.
Entra como novidade na lsia Peru Nolaskoain tras superar as suas molestias, que o tiveron algo máis do esperado, xa que tivo unha semana de intermitencias nas suas dores. Tamén entra tras superar as suas doenzas o lateral esquerdo Salva Ruiz, caéndose da lista o canteirán Valín, así coma o lesionado Luis Ruíz.
Destacar tamén a entrada na lista, ante a dúbida que había de Emre Çolal tralo acto inmaduro de non presentarse no adestramento do luns, ir a adestar él só o martes e pedir perdón a todos e adestrar a parte o mércores. Fernando Vázquez optou por levalo e perdoarlle o acto de indisciplina.
O ENCONTRO
Xornada : 41ª
CD Mirandés Vs Depor
Día : Venres 17/07/2020
Hora : 21:00, (19:00 GMT). Horario unificado.
Campo : Estadio Anduva
Tv :
Árbitro : Víctor Areces Franco
VAR : Isidro Díaz De Mera
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es